
DÉPOR ABANCA · 11 XULLO 2026
O DÉPOR ABANCA INICIA A PRETEMPORADA ESTE LUNS 13 COAS PROBAS MÉDICAS E AS VALORACIÓNS FÍSICAS
O Dépor ABANCA 2026-27 bótase a andar este luns 13 de xullo.As Nosas inician a pretemporada a partir das 8:30 coas valoracións físicas no Dépor Training Center e cos recoñecementos médicos no Hospital HM Belén da Coruña.As probas médicas consistirán fundamentalmente nun electrocardiograma e nunha analítica completa co obxectivo de avaliar o estado de saúde das deportivistas.Estes estudos enmárcanse no acordo polo que o Grupo HM Hospitales se converteu recentemente no provedor médico oficial do RC Deportivo até 2028.A realización destas probas supón un dos primeiros fitos da colaboración entre ambas entidades, un acordo que permitirá ao RC Deportivo contar co respaldo de HM Hospitales, que pon á disposición do club os seus centros sanitarios de referencia, HM Modelo e HM Belén, cun equipo multidisciplinar de profesionais, tecnoloxía diagnóstica avanzada e servizos asistenciais orientados ao coidado integral da saúde dos seus xogadores e xogadoras.O Dépor ABANCA, que pode presumir de contar nas súas filas con 3 campioas de Europa sub-19 (Lucía Rivas, Redru e Ainoa Gómez), conta até a data cos reforzos de Carla Castiñeyras e Paula Hernández, ambas con licenza do Dépor ABANCA B; ademais de Ainoa Gómez, Andrea Tarazona, Daniela Caracas, Vega Montesinos, Eva Alonso e Marisa García.A elas hai que sumar as renovacións de Lucía Rivas, Paula Redruello, Merle Barth, Paula Novo e Espe Pizarro.Trofeo Teresa HerreraO primeiro amigable confirmado da presente pretemporada será ante o FC Porto luso na presente edición do Trofeo Teresa Herrera.O encontro xogarase no Estadio ABANCA-RIAZOR o 13 de agosto a partir das 17:00.As Nosas posúen 5 'Torres' ademais de 1 conquistada polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.

ANOSACANTEIRA xa coñece as datas de inicio das competicións d...

Partido once contra once para pechar a primeira semana de pre...

A SD Compostela pon á venda as entradas para o amigable contr...

O Dépor ABANCA xa presume de contar con 3 campioas de Europa ...

Paula Hernández, novo reforzo para o RC Deportivo

Un total de 5.395 deportivistas xa renovaron o seu abono para...