
DÉPOR ABANCA · 7 SETEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA PREPARA DESDE ESTE MARTES 8 NO DÉPOR TRAINING CENTER O PARTIDO DESTE VENRES 11 ANTE O REAL MADRID CF, "UN EQUIPO POTENTE"
As Nosas, este luns 7 con xornada de descanso, comezan este martes 8 de setembro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Ral Madrid CF a ABANCA-RIAZOR o venres 11 de setembro ás 20:45, nun partido retransmitido en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.Os resultados da última xornada, co empate ante o UD Costa Adeje Tenerife, deixan o Dépor ABANCA con 1 punto na 11ª posición da Liga F tras 2 xornadas disputadas.Na sala de prensa do Heliodoro Rodríguez López, Alberto Rodríguez manifestou que hai que mellorar "a precisión no último pase. A aprendizaxe que sacamos o día do Sevilla FC, co que ía sucedendo durante o partido, conseguimos axustala hoxe (polo domingo en Tenerife) moito mellor. É un reforzo positivo para o equipo".Ademais, valora o punto ante o UD Costa Adeje Tenerife, "un equipo complicado que na casa acaba por empurrarte. O Dépor ABANCA soubo madurar ese punto, traballar desde a calma máis ou menos tensa do 11 contra 10".Agora chega o Real Madrid CF, "un equipo potente, que en moitos momentos nos domine ou nos meta no noso campo".Nesta liña, insiste en ver a recta final do encontro no Heliodoro Rodríguez López como "unha aprendizaxe para o partido do venres".O corpo técnico dispuxo 3 sesións matinais no Dépor Training Center previas ao encontro, con esta planificación:Martes 8 de setembro11:00Mércores 9 de setembro11:00Xoves 10 de setembro11:00Venres 11 de setembro20:45: Deportivo ABANCA - Real Madrid CF, en ABANCA-RIAZOR

Notable inicio do Mundial sub-20 de Marisa García e Ainoa Góm...

Antía Veiga regresa á selección española sub-17 para un amiga...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Nsongo Bil, citado por primeira vez por Camerún para 3 partid...

O Dépor regresa este martes 8 de setembro ao traballo e lembr...

Alberto Rodríguez cre que o Dépor ABANCA fixo en Tenerife «un...