
DÉPOR ABANCA · 15 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA DESPRÁZASE ESTE SÁBADO 17 AO PAÍS VASCO PARA O PARTIDO DO DOMINGO 18 EN EIBAR
O Dépor ABANCA viaxará este sábado 17 de outubro en autocar ao País Vasco para visitar a SD Eibar este domingo 18 de outubro ás 16:00 (Dazn e RTVE Play) en Ipurúa, nun partido correspondente á 7ª xornada da Liga F.Por este motivo, o último adestramento de As Nosas no Dépor Training Center adiántase e pasa a ser ás 10:00 en lugar das 11:00 horas, horario habitual do conxunto que prepara Alberto Rodríguez.O regreso á Coruña do Dépor ABANCA será tamén por estrada ao remate do encontro.O plan de viaxe é o seguinte:Sábado 17 de outubro10:00: Adestramento no Dépor Training Center12:00: Saída do autocar19:15 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Sukha, na localidade guipuscoana de EskoriatzaDomingo 18 de outubro16:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en IpurúaAo remate, regreso en autocar á Coruña

A internacional portuguesa Inês Pereira incorporouse aos adestramentosInês Pereira, que vén de xogar con Portugal ante Irlanda do Norte a primeira rolda de clasificación para o Mundial 2027, foi a primeira das internacionais en incorporarse aos adestramentos, este xoves 15 de outubro.Michi Apóstol, Daniela Caracas e Sofía Domínguez, que xogaron en Suramérica e chegarán ao longo deste xoves a A Coruña, adestraranse xa co grupo este venres 16 no Dépor Training Center.

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor continúa estreitando lazos en Cabo Verde a través do ...