
DÉPOR · 15 MAIO 2026
O DÉPOR AFINA A PUNTERÍA DE CARA AO CHOQUE DESTE DOMINGO 17 DE MAIO EN ABANCA-RIAZOR FRONTE AO FC ANDORRA
Un exercicio de finalizacións foi a tarefa principal do Dépor este xoves 15 de maio no campo 2 do Dépor Training Center.A sesión de traballo completouse cun repaso ás accións a balón parado e unha activación con rondos.Antonio Hidalgo destacou na sala de prensa do Dépor Training Center que "practicamente todo o mundo está en perfectas condicións".Os Servizos Médicos están pendentes de Charlie Patiño, que está á marxe do grupo a consecuencia duns molestias nun adutor.Iso si, o técnico deportivista lembra que os futbolistas conviven con "molestias habituais a estas alturas. Todo o mundo dispoñible agás Lucas Noubi por sanción", conclúe.

Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Ao respecto, Antonio Hidalgo opina que "nos xogadores de talento e de nivel a idade que teñan non é significativa. Tanto con Bil como con Noé hai que seguir un proceso para poder asentarse no primeiro equipo nun futuro próximo. Estánnos dando moito nivel. Saben que teñen que seguir mellorando e traballando moitos aspectos. Están comezando na profesión pero estou moi contento co rendemento deles".Aproveitou para "poñer en valor o traballo que hai na canteira de moitos anos".Este sábado, Os Nosos completarán no Dépor Training Center a última sesión de adestramento previa ao encontro deste domingo 17 de maio ás 14:00 ante o FC Andorra (LaLiga TV Hypermotion).

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...




