RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Arnau Comas ve o vestiario "moi convencido do que está a facer e do que podemos conseguir"

DÉPOR · 14 MAIO 2026

ARNAU COMAS VE O VESTIARIO "MOI CONVENCIDO DO QUE ESTÁ A FACER E DO QUE PODEMOS CONSEGUIR"

Arnau Comas subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "somos conscientes do momento no que chegamos. Temos moi boas sensacións; temos a ANOSAFORZA que, cando xogamos en ABANCA-RIAZOR ou fóra, dánnos un pouco de ás. E iso é unha enerxía extra".Ve o vestiario "non só agora senón ao longo de toda a tempada, que estivemos máis arriba ou abaixo pero case sempre en zona de play off, moi convencido do que está facendo e do que podemos lograr". "Temos un vestiario moi san, moi unido. E iso dálle un plus a todo o mundo", comenta ao respecto.O futbolista blanquiazul cre que "é bo darlle ao Club e á afección esta ilusión despois duns anos máis difíciles. Que a xente estea ilusionada xa é un paso moi importante. Estamos facendo unha temporada moi boa. Nós, do mesmo xeito ca afección, temos tamén esa ilusión de poder subir. Sería un soño para toda a xente do vestiario, para o Club e para a afección".Admite que "cando vés ao Dépor hai esa presión de que é un club moi grande, con moitísima xente detrás. Cando estás xogando representas un escudo moi grande. Toda a temporada o sabemos. Temos a sorte de estar loitando por todo e quedan 3 xornadas. É unha ilusión para todos. Hai presión pero sempre está porque levas o escudo que levas".Recalca iso si que "hai grandes equipos que están loitando polo mesmo, hai nervios e estas últimas xornadas sempre dan máis para falar pero nós temos que estar centrados no noso, no que dependa de nós porque sempre vai haber factores que non dependen de nós".O central deportivista asegura que Yeremay, que poderá estar ante o FC Andorra ao estimar o Comité de Disciplina as alegacións presentadas polo Dépor para deixar sen efectos disciplinarios a tarxeta amarela que o canario viu en Cádiz, "dános moitísimo e se non o tes é unha baixa clave. Temos sorte de poder contar con el. Seguro que nos vai dar moitísimo".Finalmente, do conxunto andorrano, rival este domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, Arnau Comas apunta que "seguramente está na mellor dinámica de Segunda, ou das mellores nos últimos meses. Marca moitos goles, domina a maioría de momentos nos partidos, ten unhas posesións moi longas e somos conscientes disto. Por momentos vai ter a posesión, vai tocar, vai mover. Hai que ser conscientes do partido que nos imos atopar, que será moi complicado".Por este motivo, apela a que "xogamos en ABANCA-RIAZOR e que ANOSAFORZA aperte como está apertando ultimamente, que nos dá ese pulo que seguro que necesitaremos".Nesta liña, opina que ABANCA-RIAZOR "é unha tolemia. Está cheo cada partido. Empúrranos e dános neses últimos minutos ese pulo. Imos ir a morte. Quedan 3 partidos, serán súper complicados pero imos dalo todo nós".