
DÉPOR ABANCA B · 14 MAIO 2026
A LOTERÍA DOS PENALTIS TUMBA A ANTÍA VEIGA E A ESPAÑA NA SEMIFINAL DO EUROPEO SUB-17
Foto: Charles McQuillan - UEFA
A selección española sub-17, con Antía Veiga titular indiscutible na portería, enfrontouse este xoves 14 de maio a Alemaña na semifinal do Campionato de Europa da categoría.O encontro, de máxima igualdade, disputouse no National Football Stadium at Windsor Park de Belfast (Irlanda del Norte).Houbo empate sen goles (0-0) ao final do tempo regulamentario pero a ruleta dos penaltis sorriu ás alemás, que se clasificaron así para a final.A canteirá deportivista tamén xogou completos os 3 partidos da primeira fase, saldados con vitorias ante Polonia (1-4) e Finlandia (4-0), e derrota ante Francia (1-0).Precisamente ante as francesas Antía Veiga protagonizou unha das xogadas do campionato cando, no tempo de desconto, realizou unha das paradas do torneo ante Adedini nun man a man que mantivo viva a España no partido xa que tería suposto o 2-0.Así pois, a futbolista do Dépor ABANCA B marcha do Campionato de Europa cunha gran marca de 2 goles encaixados en 4 partidos completos disputados.Os resultados de España neste Campionato de Europa foron os seguintes:Primera FaseMartes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maioFRANCIA 1 - ESPAÑA 0Luns 11 de maioPOLONIA 1 - ESPAÑA 4SemifinaisXoves 14 de maioESPAÑA 0 - ALEMAÑA 0. Nos penaltis: 3-4Antía Veiga tamén participou con este combinado nacional en Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España tamén caeu na quenda de penaltis dos oitavos de final ante Francia.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...