RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Abertas as inscricións nas 19 sedes do Dépor Campus Cabreiroá 2026 repartidas por toda Galicia

FUNDACIÓN · 15 MAIO 2026

ABERTAS AS INSCRICIÓNS NAS 19 SEDES DO DÉPOR CAMPUS CABREIROÁ 2026 REPARTIDAS POR TODA GALICIA

Como cada verán regresan os Dépor Campus Cabreiroá, nos que participan milleiros de nenas e nenos de boa parte de Galicia e para os que xa está aberto o prazo de inscrición nas 19 sedes das 4 provincias galegas.Está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos), con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia futbolística.As sedes do Dépor Campus Cabreiroá desenvolveranse ao longo de 6 semanas, entre o 22 de xuño e o 31 de xullo, tendo como eixo central o Dépor Training Center en Abegondo, onde se impartirá o campus durante as 6 quendas.Na primeira semana, do 22 ao 26 de xuño, as actividades terán lugar tamén en Outes, Maside e tamén en Lugo.A segunda semana, comprendida entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, contará coas sedes de Caranza, Cee e Colegio Internacional de Eirís.Durante a terceira semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colegio Internacional Eirís e Colegio Santa María del Mar.Na cuarta semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Villalba e Silleda.A quinta semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na sexta semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.Deste xeito, o Dépor Campus Cabreiroá amplía a súa presenza por diferentes localidades galegas, ofrecendo unha ampla cobertura territorial durante todo o verán.A novidade desta edición é que nas sedes do Dépor Training Center en Abegondo e do Colexio Santa María del Mar contarán con servizo de madrugadores.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

20260515_mapadeporcampus.png

OBXECTIVOS DOS DÉPOR CAMPUS CABREIROÁOs obxectivos marcados polos Dépor Campus Cabreiroá son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-E transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

20260506_deporcampuscabreiroaweb.png