
DÉPOR · 16 OUTUBRO 2026
O DÉPOR EMPATA ANTE O LEVANTE UD E LAMÉNTASE PORQUE UN PARTIDO QUE «TES ENCARRILADO A FALTA DE TAN POUCO, TES QUE LEVALO»
O Deportivo e o Levante UD abriron cun empate (1-1) este venres 16 de outubro en ABANCA-RIAZOR a 9ª xornada de LaLiga EA Sports.Este resultado deixa a Os Nosos con 11 puntos na 8ª posición, á espera de que se dispute o resto da xornada.Antonio Hidalgo lembra que "isto vai de acertar nas áreas e iso estanos penalizando demasiado. Non foi o noso mellor partido, pero un que tes encarrilado cando falta tan pouco, no que tampouco estabas sufrindo en exceso, tes que levalo".Foron baixa para o partido Aubameyang, Eddahchouri e Marc Casadó por lesión; e Amatucci por sanción tras a súa expulsión en San Sebastián case no desconto.Saíu o Dépor cun cambio con respecto ao once de Anoeta: Riki substituíu a Mella.Os primeiros intres foron equilibrados, con chegadas nas dúas áreas, si, pero cos dous porteiros apenas sen intervir.O primeiro disparo con perigo chegou aos 37 minutos por medio de Quagliata, convertido nun extremo máis. O italiano marchou por velocidade e o seu disparo desde máis de 25 metros sacouno con moitos apuros Ryan.Case ao minuto, nunha contra deportivista, Bil non puido precisar o seu disparo desde a frontal, que marchou alto.Respondeu o Levante UD cun centro ao segundo pau que obrigou a defensa deportivista a empregarse a fondo.No minuto 40, Bardeli aproveitou un erro defensivo e rematou raso. O balón, tras tocar nun defensa, sacouno Leo Román in extremis case desde a raia.Na xogada seguinte, tras unha falta de Luismi sobre Romero na frontal, Dela pateou alto coa barreira deportivista na frontal da área pequena.Co 0-0 chegouse ao descanso."A primeira parte foi igualada. Aos dous equipos custounos saír desa presión. Aínda así tivemos a ocasión de 'Giaco'. Non estivemos todo o fluídos que deberiamos estar nesa primeira parte. Nun erro que tivemos, Leo tivo que sacar un balón baixo paus", resumiu o preparador blanquiazul.Tras o paso polos vestiarios, a primeira boa acción da segunda metade foi para o Dépor nunha contra conducida por Yeremay. O centro do atacante canario non o puido cabecear con precisión Bil, obstaculizado polo seu defensor.Co partido atrancado, Hidalgo deu entrada a Altimira e Adama por Ximo Navarro e Luismi.E na primeira xogada, Bright Ede saíu co balón controlado e con potencia, superando liñas, cedeu a Yeremay, que se plantou na frontal da área levantina. O remate taponado do '10' recolleuno Bil para marcar o 1-0.Adama non puido co meta Ryan nun pase ao espazo de Yeremay. O porteiro do Levante UD, ben situado, despexou o potente disparo do deportivista.E da nada empatou Requena no minuto 83 cun tiro raso que se coou por baixo do corpo de Leo Román.O Dépor tivo a vitoria no minuto 88. Villares roubou na saída de balón do Levante UD e plantouse só ante Ryan. O capitán, en vez de disparar a portería, cedeu á súa esquerda a Asp Jensen, que rematou con todo a favor ao longueiro."Fomos quen de atopar esa superioridade e poñernos por diante. Tivemos a ocasión de Adama para facer o segundo. Recibes un gol que non debes recibir. E 'Jonny' ten outra clarísima", enumerou o adestrador do Dépor.O treito final deixou o cambio de Yeremay por unha fenda na fronte e as molestias musculares de Bright Ede nos isquiotibiais, que "non teñen boa pinta", segundo admitiu Antonio Hidalgo.Deportivo: Leo Román, Ximo Navarro (Altimira, min. 62), Giménez, Bright Ede (Loureiro, min. 84), Quagliata, Villares, Riki (Angeliño, min, 80) Mario Soriano, Luismi (Adama, min. 62), Yeremay (Asp Jensen, min. 80) e BilLevante UD: Ryan, Ndukwe, Dela, Requena, Brugué, Romero, Bardeli (Olasagasti, min. 69), O. Rey (Ratkov, min. 69), Manu Sánchez, Thiago (Víctor García, min. 91) e Nacho Pérez (Toljan, min. 75)Árbitro: Manuel Jesús Orellana, do comité andaluz. Amoestou a Romero (min. 33), Luismi (min. 42), Dela (min. 89), Villares (min. 96) e Altimira (min. 96)Goles: 1-0 Bil (min. 62); 1-1 Requena (min. 83)Incidencias: Partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 28.437 espectadores. Os dous equipos fixeron corredor de honra ás campioas do mundo sub-20 Marisa García e Ainoa Gómez. Actuaron o Grupo de Gaitas e Baile Santaia de Santa Cruz (Oleiros) e Carmen Prado

Michi Apóstol recibe por primeira vez o Premio Estrella Galic...

Segundo derbi consecutivo para un Fabril que quere manter est...

Os Nosos adestran este sábado 17 ás 10:30 no Dépor Training C...

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...