
DÉPOR · 11 AGOSTO 2026
O DÉPOR MUSEO & TOUR REPASA A HISTORIA DO TROFEO TERESA HERRERA NUNHA EXPOSICIÓN TEMPORAL
Con motivo da celebración desta 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera, o Dépor Museo & Tour presenta unha exposición temporal dedicada á evolución histórica dun dos torneos de verán máis emblemáticos e con maior tradición do fútbol internacional.A mostra propón un percorrido en formato de liña temporal pola historia do Teresa Herrera, desde as súas orixes ata a actualidade, poñendo en valor os clubs, futbolistas e momentos que contribuíron a convertelo nunha cita imprescindible cada verán na Coruña.A exposición poderá visitarse o mércores 12 de agosto, coincidindo coa celebración da edición masculina entre o Dépor e o Real Madrid CF, en horario ininterrompido de 10:00 a 17:00 horas. O xoves 13, o horario será de 10:00 a 14:00 horas. A partir do venres 14, abrirá de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas.

Dun torneo benéfico a unha referencia internacionalO percorrido comeza en 1944, co nacemento do Trofeo Teresa Herrera, ideado por Cristino Álvarez, e esténdese ata 1972. Esta primeira etapa recolle as orixes benéficas da competición e os seus primeiros anos de crecemento, nos que o torneo comezou a adquirir unha importante dimensión internacional.Por A Coruña pasaron xa daquela algúns dos grandes nomes da historia do fútbol, como o Botafogo de Garrincha, o Santos de Pelé ou o SL Benfica de Eusébio, contribuíndo a situar o Teresa Herrera no mapa do fútbol mundial.A segunda etapa reflicte a consolidación internacional e o maior esplendor do torneo, coa implantación do formato cadrangular e a presenza habitual de campións europeos e suramericanos. Unha época na que o Teresa Herrera se converteu nun auténtico encontro de estrelas.Entre os protagonistas daqueles anos destacan o Ajax e o FC Barcelona de Johan Cruyff, o Flamengo de Zico, o Real Madrid da Quinta del Buitre ou o Dream Team do FC Barcelona, entre moitos outros grandes equipos que deixaron a súa pegada na Coruña.

O Dépor, protagonista dunha nova épocaA terceira e última etapa, que abrangue desde 1996 ata a actualidade, ten como un dos seus grandes protagonistas ao RC Deportivo, reflectindo o dominio branquiazul en boa parte da historia recente do torneo e a súa adaptación ás novas realidades do fútbol.A exposición tamén dedica un espazo á evolución do fútbol feminino e á incorporación da edición feminina do Trofeo Teresa Herrera, co Dépor ABANCA como principal representante do deportivismo.Unha oportunidade para percorrer, a través de imaxes e recordos, máis de oito décadas de historia dun torneo inseparable da Coruña, do verán e do sentimento futbolístico da cidade.O Trofeo Teresa Herrera é moito máis ca un torneo. É parte da historia do Dépor, da Coruña e do fútbol internacional.As persoas interesadas poden adquirir a entrada premendo nesta ligazón.Por último, asistir ao Trofeo Teresa Herrera feminino entre o Dépor ABANCA e o FC Porto (xoves 13 ás 17:00) leva consigo un agasallo, consistente en gozar dunha entrada de balde ao Dépor Museo & Tour ata o 30 de setembro de 2026.


Inês Pereira, nova xogadora do Dépor ABANCA ata xuño de 2029

O Xuvenil B abre unha nova semana de pretemporada co debut do...

Segundo amigable do Dépor ABANCA B, este martes ás 20:45 no D...

El Fabril debuta en liga o domingo 6 de setembro ás 12:00 ant...

O Trofeo Mini Teresa Herrera celebrarase o xoves 13 de agosto...

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...