
DÉPOR ABANCA · 10 AGOSTO 2026
CATRO ADESTRAMENTOS, FC PORTO E REAL MADRID CF, TODO NUNHA ESIXENTE SEMANA PARA O DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA, este luns 10 de agosto con xornada de descanso, prepárase para unha esixente semana de pretemporada.As Nosas terán 4 sesións de adestramento, o Trofeo Teresa Herrera ante o FC Porto en ABANCA-RIAZOR o xoves 13 e a visita ao Real Madrid CF o domingo 16.Non estarán co grupo Marisa e Ainoa Gómez, que se concentran coa selección española sub-20 para preparar entre Los Ángeles de San Rafael e a Ciudad del Fútbol o Campionato do Mundo da categoría que se xogará do 5 ao 27 de setembro en Polonia.Ademais, o conxunto de Alberto Rodríguez chega tras o impulso anímico da goleada ao Sporting de Gijón no Trofeo Emma Cuervo, cuxas mellores imaxes podes ver ao pé da noticia.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 11 de agosto11:00 h.Mércores 12 de agosto11:00 h.Xoves 13 de agosto17:00: Deportivo ABANCA - FC Porto, en ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)Venres 14 de agosto11:00 h.Sábado 15 de agosto20:00: Real Madrid CF - Deportivo ABANCA, na Ciudad Real Madrid

O triunfo do Fabril FC Alevín este mércores 11 abriu unha nov...

Alberto Rodríguez ve as súas futbolistas "moi preparadas e co...

O RC Deportivo tomará medidas ante a revenda de abonos e entr...

O Dépor ABANCA afronta "con rabia" e "con moitísima ilusión" ...

Antonio Hidalgo mantén un alto ritmo de traballo no Dépor a p...

Esgotadas as entradas de público para o FC Barcelona, a parti...





