
DÉPOR · 7 SETEMBRO 2026
O DÉPOR REGRESA ESTE MARTES 8 DE SETEMBRO AO TRABALLO E LEMBRA QUE «A CLASIFICACIÓN, CANDO CHE DI ONDE ESTÁS, É NA ÚLTIMA XORNADA»
O Dépor, este luns 7 de setembro con xornada de descanso, volve este martes 8 ao Dépor Training Center.Antonio Hidalgo citou os seus futbolistas ás 17:00 para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Getafe CF este domingo 13 de setembro ás 18:30 no Coliseum.Os Nosos chegan ao encontro con 8 puntos na 5ª posición de LaLiga EA Sports.O técnico deportivista resta importancia a este dato e lembra que «a clasificación cando che di onde estás é na última xornada. Agora só vale para poder mirala».Iso si, admite que «cantos máis puntos teñas e canto antes os consigas, moitísimo mellor. Somos conscientes da dificultade, de onde vimos».Confesa estar «moi contento por como compite o equipo, por como cre. E iso dáme tranquilidade».De cara ao encontro no Coliseum, o Dépor completará 5 sesións de traballo.A última, o sábado 12, adiántase ás 10:00 en lugar da hora habitual das 10:30 debido a que, a primeira hora da tarde, Os Nosos viaxarán a Madrid.O plan semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é o seguinte:Martes 8 de setembro17:00 h.Mércores 9 de setembro10:30 h.Xoves 10 de setembro10:30 h.Venres 11 de setembro10:30 h.Sábado 12 de setembro10:00 h.Domingo 13 de setembro18:30: Getafe CF - Deportivo, no Coliseum

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...