
DÉPOR · 2 AGOSTO 2026
O DÉPOR XA PREPARA EN ITALIA UNHA NOVA ETAPA DA PRETEMPORADA
O Dépor xa se atopa en Italia, onde desenvolverá unha nova fase da súa preparación estival ata o vindeiro venres 7 de agosto.Tras o encontro amigable fronte ao FC St. Pauli, Os Nosos poñen agora o foco nunha intensa semana de traballo nun dos centros de referencia do fútbol europeo.Unha vez rematado o partido en Hamburgo, a expedición branquiazul pasou a noite no Hotel Radisson Blu da cidade alemá.
A primeira hora da mañá, o equipo emprendeu viaxe nun voo chárter desde o Aeroporto de Hamburgo con destino a Pisa, desde onde se desprazou por estrada ata Coverciano, sede do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol.Na terminal de chegadas do aeroporto italiano agardaba o novo autocar oficial do RC Deportivo con capacidade para 46 persoas distribuídas en 2 pisos, con asentos individuais, wifi, TDT, equipo multimedia de última xeración e todos os avances tecnolóxicos en materia de seguridade.En Coverciano, un centro que xa coñece o canteirán David Mella por ter estado concentrado coa selección española sub-18, o conxunto dirixido por Antonio Hidalgo estableceu o seu cuartel xeral para os vindeiros días, nun entorno de máximo nivel que permitirá seguir afondando na preparación física, táctica e futbolística de cara ao inicio da temporada.O cadro desfrutará este domingo 2 de agosto dunha tarde de descanso tras o desprazamento, antes de retomar o traballo este luns 3 de agosto, cun adestramento programado para as 10:00 horas.A concentración suporá unha nova oportunidade para reforzar a convivencia do grupo, seguir asimilando os conceptos do corpo técnico e continuar dando pasos na construción dun equipo que afronta con ilusión e ambición o regreso á máxima categoría do fútbol español.Cada sesión, cada adestramento e cada xornada compartida achegan un pouco máis ao Dépor ao gran obxectivo: chegar nas mellores condicións ao comezo dunha temporada que ilusiona a todo o deportivismo.

Os abonados poderán cambiar o seu asento unicamente dentro da...

"Estamos facendo un moi bo grupo"

Amatucci destaca do choque ante o FC St Pauli que "competimos...

Resultados dos amigables da fin de semana en ANOSACANTEIRA, c...

O trofeo Emma Cuervo ante o Sporting de Gijón, próxima cita p...

Vindeira cita veraniega para Os Nosos, o xoves 6 de agosto en...











