
CANTERA · 1 AGOSTO 2026
RESULTADOS DOS AMIGABLES DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, COA DERROTA ESTE SÁBADO 1 DE AGOSTO DO FABRIL FRONTE AO CD LUGO
Este sábado 1 de xullo xogouse un único amigable en ANOSACANTEIRA.Despois do esixente test ante o Pontevedra CF do pasado mércores 29 de xullo en Vilalonga, os de Manuel Pablo enfrontáronse a outro rival de Primera Federación, o CD Lugo.O choque xogouse no Municipal de Pol (Lugo) e rematou con triunfo lucense por 2-0.Manuel Pablo aliñou de inicio a Rodrigo, Pablo García, Vergara, Álvaro Fraga, Íker Vidal, Dani Estévez, Hatim, Justino, Koke, Pablo Cortés e Martín Ochoa.Tras o descanso, o once fabrilista foi o seguinte: Marqués, Guille, David Fernández, Malick, Vega, Papa, Mauro Valeiro, Lucas, Leandro, Héctor Areosa e Íker GilMentres tanto, o filial continúa a perfilar o cadro de cara á temporada en Primera Federación.Hugo Torres e Pablo Parada marchan cedidos esta tempada ao Arosa SC e CD Boiro respectivamente.Ademais, o Club e Mario Nájera separaron os seus camiños.A seguinte cita para o Fabril será o mércores 5 de agosto ás 19:00 horas no campo de Cantarrana de Viveiro ante o Real Madrid Castilla.Tamén se estreou en pretemporada o Xuvenil A, que superou este venres 31 de xullo por 2-1 no Dépor Training Center ao Betanzos CF de Preferente Autonómica, con dobrete de Diego Martínez.A próxima cita para o conxunto que prepara Miguel Figueira será este martes 4 de agosto ás 19:00 horas no campo Vista Alegre ante o SDC Órdenes de Preferente Autonómica.Os resultados dos amigables desta semana foron os seguintes:Primera Federación(Mércores 29): FABRIL 1 (un futbolista rival en propia meta) - PONTEVEDRA CF 2CD LUGO 2 - FABRIL 0Categoría xuvenilXUVENIL A 2 (Diego Martínez -2-) - BETANZOS CF (Preferente Autonómica) 1

O trofeo Emma Cuervo ante o Sporting de Gijón, próxima cita p...

Vindeira cita veraniega para Os Nosos, o xoves 6 de agosto en...

O Dépor ABANCA iguala ante o Athletic Club no seu primeiro pa...

Empate entre o FC St. Pauli e o Dépor despois dun partido ent...

El Fabril comezará a liga en Primera Federación o sábado 29 d...

Os DéporCampus 2026 baixan o pano tras un verán inesquecible ...