
DÉPOR · 1 AGOSTO 2026
EMPATE ENTRE O FC ST. PAULI E O DÉPOR DESPOIS DUN PARTIDO ENTRETIDO
O Dépor empatou (2-2) este sábado 1 de agosto co FC St. Pauli, recentemente descendido da Bundesliga á Segunda División, no Millerntor Stadion de Hamburgo.Foi o cuarto partido amigable desta pretempada, retransmitido en directo pola canle de YouTube do RC Deportivo.Tal e como é habitual no fútbol alemán durante o verán, xogáronse 3 tempos: 2 de 45 minutos e un engadido de 30.Os Nosos chegaban a este choque despois de vencer por 1-0 ao CD Lugo o pasado mércores 29 de xullo no Trofeo Concello de Vilalba.Yeremay, Mella e Loureiro, xunto con Noé, que xa realiza os primeiros traballos co grupo, foron baixa; do mesmo xeito que Altimira e Jensen, con adestramento personalizado.Bil, Quique Teijo, Xabi Campos, Samu, Kevin e Guerrero, os 3 primeiros titulares, foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Pola súa banda, para o FC St. Pauli o do Dépor foi o seu sexto partido de pretempoada. Así pois, o conxunto alemán presentábase ante a súa populosa bancada con máis rodaxe porque ademais a competición ligueira arrinca a próxima fin de semana.Os alemáns gañaran ao Altona 93 de 5ª categoría (2-6), ao BSV Kickers Emden (4ª categoría) (1-3), SV Babelsberg 03 (4ª categoría) (1-4) e HNK Gorica (Primeira División de Croacia) (2-1).O seu último encontro, o pasado 24 de xullo ante o AFC Bournemouth inglés, rematou en derrota: 4-1.O club alemán, arraigado nun barrio portuario de Hamburgo, é un club especial.As bancadas, tres cuartas partes delas sen asentos, enchéronse 2 horas antes.Os futbolistas saltaron ao céspede para o quecemento e deron unha volta ao campo aplaudindo aos afeccionados.O seu escudo non oficial é unha bandeira pirata coa caveira e as tibias cruzadas.E os equipos foron recibidos ao comezo coa popular canción de AC/DC Hells Bells.Antonio Hidalgo aliñou de inicio na portería a Leo Román, con Arnau e Bright Ede como parella de centrais. O polaco regresaba ao céspede tras superar unhas molestias nun adutor.O acompañante de Aubameyang no ataque foi nesta ocasión Bil.Saíu o FC St. Pauli, con máis rodaxe de pretemporada, a pola primeira diana cunha presión alta.A primeira do partido foi para Pyrka, que chutou aos 2 minutos unha falta lateral directa á que respondeu Leo Román cunha gran parada.Os alemáns atopáronse cun gol de fortuna. Pasado o cuarto de hora, Leo Román intenta sacar en longo, pero o balón rebota en Hara e cóase na portería deportivista.Aos 28 minutos achegouse o Dépor con perigo nunha boa xogada ofensiva. Tras unha triangulación entre Luismi, Bil e Mario Soriano, o balón acaba no madrileño, que chuta lixeiramente alto.Pouco a pouco o Dépor equilibrou o partido e afastou os locais da portería de Leo Román.Con 1-0 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios apertou de novo o FC St Pauli.Nemeth, de cabeza, estivo a piques de lograr o segundo do seu equipo aos 50 minutos. O balón foise lambendo o pau dereito da meta do Dépor.No 51, Ando remata alto desde fóra da área con todo a favor.Kaars puxo a proba no minuto 53 a Leo Román. O porteiro deportivista, soberbio, desviou a saque de esquina.Logrou responder o Dépor cun centro ao segundo pau de Luismi Cruz que Aubameyang cruza en exceso.Aos 57 minutos, Amatucci, desde a frontal, chuta lixeiramente alto noutra boa acción do Dépor.De Luismi foi a seguinte acción de perigo pero o seu remate márchase fóra por pouco.Villares, na acción posterior, roza o empate pero un defensor sacou in extremis.Este arreón do Dépor rematou no gol do empate, obra de Bright Ede, que rematou de cabeza de maneira impecable un saque de esquina desde a banda esquerda.Antonio Hidalgo refrescou o equipo con 8 cambios ao saltar ao céspede Lucas Noubi, Dani Barcia, Quagliata, Gijselhart, Riki, Patiño, Kevin e Eddahchouri.Pero volveu poñerse por diante o FC St Pauli cun disparo de Kaars á escuadra esquerda da portería deportivista despois dunha precisa triangulación ofensiva. Imposible para Leo Román.De novo os alemáns, con máis ritmo, colleron o timón do xogo.Porén, Eddahchouri fabricou o novo empate no minuto 84 cun chut desde a frontal que, tras tocar nun defensor, se coea mansamente na portería ao despistar ao meta Ben Voll.Co 2-2 chegouse ao final dos 90 minutos.No tempo extra de 30 minutos, Antonio Hidalgo deu entrada a Germán Parreño por Leo Román.Precisamente Germán, no minuto 116, evitou o 3º do St Pauli ao sacar abaixo un disparo cruzado de Jones. Foi a única ocasión nesta recta final cos dous equipos xa con moito cansazo físico.FC St. Pauli: Ben Voll, David Nemeth (Dzwigala, min. 89), Mathisen, Hrgota, Pyrka, Ando, Fujita, Hara (Jones, min. 68), Kaars (Banks, min. 84), Rasmussen e Oppie. No extra xogaron tamén: Spari, Ahlstrand, Robatsch, Westphal, Schmitz, St. John (Schmidt, min. 118), Sabah e RitzkaDeportivo: Leo Román (Germán, min. 90), Quique Teijo (Samu, min. 77), Arnau Comas (Lucas Noubi, min. 64), Bright Ede (Dani Barcia, min. 64), Xabi Campos (Quagliata, min. 64), Amatucci (Gijselhart, min. 64), Villares (Riki, min. 64), Luismi Cruz (Guerrero, min. 73), Mario Soriano (Patiño, min. 64), Bil (Kevin, min. 64) e Aubameyang (Eddahchouri, min. 64)Árbitro: Jarno Wienefeld, de Alemaña. Amonestou a Robatsch (min. 98)Goles: 1-0 Hara (min. 17); 1-1 Bright Ede (min. 59); 2-1 Kaars (min. 72); 2-2 Eddahchouri, en colaboración cun defensor local (min. 84)Incidencias: partido amigable disputado no Millerntor Stadion de Hamburgo con unhas 15:000 persoas nas bancadas, ocupadas algunhas delas desde 2 horas antes do comezo


Resultados dos amigables da fin de semana en ANOSACANTEIRA, c...

O trofeo Emma Cuervo ante o Sporting de Gijón, próxima cita p...

Vindeira cita veraniega para Os Nosos, o xoves 6 de agosto en...

O Dépor ABANCA iguala ante o Athletic Club no seu primeiro pa...

El Fabril comezará a liga en Primera Federación o sábado 29 d...

Os DéporCampus 2026 baixan o pano tras un verán inesquecible ...