RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA iguala ante o Athletic Club no seu primeiro partido do verán

DÉPOR ABANCA · 1 AGOSTO 2026

O DÉPOR ABANCA IGUALA ANTE O ATHLETIC CLUB NO SEU PRIMEIRO PARTIDO DO VERÁN

O Dépor ABANCA disputou este sábado 1 de agosto o seu primeiro compromiso de preparación do verán.O conxunto dirixido por Alberto Rodríguez empatou (0-0) sen goles co Athletic Club no campo de Miramar, en Luanco (Asturias), nunha proba esixente que permitiu medir o crecemento do equipo.Foron baixa para o encontro Millene Cabral e Merle Barth, por control de carga.As Nosas chegaban a esta primeira cita despois de completar dúas intensas semanas de traballo no Dépor Training Center, nas que o corpo técnico combinou a preparación física, táctica e técnica.Tiveron minutos saíndo desde o banco Lucía Rivas e Paula Redruello, recentes campioas de Europa sub-19 coa selección española.As dúas futbolistas, ademais de Ainoa, regresaron ao traballo no Dépor Training Center o pasado luns.Martina Rivas, Antía Veiga, Carmen e Laura Ruiz foron as representantes de ANOSACANTEIRA.O encontro serviu para comezar a trasladar ao terreo de xogo o traballo realizado durante as primeiras semanas de pretemporada.Máis alá do resultado, o amigable permitiu ao conxunto dirixido por Alberto Rodríguez seguir dando forma á súa identidade, afianzar os conceptos traballados nos adestramentos e continuar sumando minutos de xogo no proceso de preparación para unha nova temporada na Liga F.O corpo técnico aproveitou esta primeira proba para seguir avaliando a evolución do equipo, comprobar o estado do cadro e continuar consolidando os mecanismos tácticos e futbolísticos que marcarán o camiño do Dépor ABANCA durante o novo curso.Con ilusión renovada e o traballo diario como principal sinal de identidade, As Nosas deron o primeiro paso dunha pretemporada na que cada adestramento e cada partido servirán para seguir medrando como equipo.O camiño cara ao inicio da competición xa está en marcha e, unha temporada máis, o deportivismo volverá acompañar o Dépor ABANCA nun ilusionante reto na máxima categoría do fútbol feminino español.Dépor ABANCA (primeira metade): Tarazona, Caracas, Elena Vázquez, Eva Alonso, Eva Dios, Vega, Lucía Pardo, Marisa, Paula Hernández, Carla Castiñeyras e Karla (Lucía Rivas, min. 22)Segunda metade: Antía Veiga (Martina Rivas, min. 68), Ranera, Paula Novo, Olaya, Espe Pizarro, Monteagudo, Domínguez, Redru (Carmen, min. 68), Michi Apóstol, Marisa e Laura RuizAthletic Club: Nanclares, Landaluze, Balerdi, Valero, Campos, Baños (Pinedo, min. 1), Iribarren, Nerea, Torrontegi e IratiSegunda metade: Astralaga, Oguiza (Bordagaray, min. 79), Zugasti (Iraia, min. 79), Pinedo (Maddi, min. 64), Agote, Vilariño, Marina Artero, Alfaro, Arana, Oihana e Gurtubay