
DÉPOR · 2 AGOSTO 2026
OS ABONADOS PODERÁN CAMBIAR O SEU ASENTO UNICAMENTE DENTRO DA SÚA MESMA BANCADA OU A TRIBUNA SUPERIOR E PREFERENCIA SUPERIOR
O RC Deportivo lembra que as persoas abonadas poderán solicitar o cambio de asento ata o mércores 12 de agosto, sempre dentro da súa mesma bancada ou cara a Tribuna Superior ou Preferencia Superior, mediante cita previa.As restantes bancadas atópanse completas, polo que xa non é posible solicitar cambios cara a esas zonas.Por este motivo, o Club lembra a aquelas persoas abonadas que teñan unha cita reservada para solicitar un cambio a unha bancada xa esgotada que, se finalmente non van realizar o trámite, cancelen a súa cita para que outro deportivista poida aproveitar esa quenda.Unha vez rematado o período con cita previa, do luns 17 ao venres 21 de agosto os cambios de asento poderán realizarse sen necesidade de cita previa, mantendo as mesmas opcións de dispoñibilidade.Así mesmo, os Deportivistas + que desexen converterse en abonados con asento poderano facer durante ese mesmo período, sempre que elixan unha localidade en Tribuna Superior ou Preferencia Superior, únicas zonas con dispoñibilidade.A Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) atenderá no seu horario habitual: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas; e os venres de 9:15 a 14:00 horas.Toda a información sobre a campaña de abonados, así como o resto de trámites e condicións, pode consultarse premendo neste enlace.

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...

Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17...

As Nosas, «preparadas para conseguir a segunda vitoria consec...

Segundo partido consecutivo no campo Arsenio Iglesias para o ...

Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...