
DÉPOR ABANCA · 2 AGOSTO 2026
"ESTAMOS FACENDO UN MOI BO GRUPO"
Olaya Rodríguez manifestou ao concluír o amigable do Dépor ABANCA ante o Athletic Club na localidade asturiana de Luanco que "foi un partido bastante competido. Este era un rival duro, de Liga F, que creo que imos estar na mesma posición na táboa. É un rival de loita, de guerra e nunca che poñen as cousas doadas".Destaca que o encontro foi "bastante completo para ser o primeiro da pretemporada. Temos ganas de seguir mellorando, de seguir traballando moito para chegar o mellor posible á liga".A centrocampista branquiazul cre que "as sensacións no equipo son moi boas. Houbo moitos cambios e estámolos afrontando con moita ilusión. Estamos facendo un equipazo, un moi bo grupo. Temos ganas de seguir mellorando, de seguir indo cara adiante".

As familias tamén forman parte do equipo en ‘One Team, No Lim...

Cita ligueira para o Fabril FC Alevín este martes 6 de outubr...

Lucas Noubi enfróntase este martes 6 de outubro a Dinamarca n...

Bright Ede foi de novo titular con Polonia sub-21, derrotada ...

Á venda as entradas para o público para o Dépor - Levante UD ...

O RC Deportivo, elixido en setembro por La Liga como Club do ...