
FUNDACIÓN · 11 XUÑO 2026
O DÉPORCAMPUS DE CEE, NOS RENOVADOS CAMPOS DE SAMPAIO DE REFOXOS, XA ESTÁ EN MARCHA
A 6ª edición do DéporCampus de Cee, en colaboración coa SRD Unión Club Cee, xa está en marcha.Trátase dunha das sedes con mellor acollida, xa que nas últimas edicións colgou o cartel de cheo.Este ano, a novidade é o escenario, a renovada instalación dos Campos de Fútbol de Sampaio de Refoxos.Ao acto de presentación, no salón de plenos do concello de Cee, asistiron Margot Lamela, alcaldesa; Alfonso Canosa, concelleiro de Deportes; Abraham Rios Fidalgo, coordinador da SRD Unión Club Cee; Úrsula Gómez, tesoureira do club; Grepcy J. Mayo, vicepresidenta; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 29 de xuño ao venres 3 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA levarán de novo a Cee a metodoloxía de adestramento que os equipos da base realizan no Dépor Training Center.O alumnado terá:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.Máis información e inscricións neste enlace.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...