RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril rabuña un punto en ABANCA-RIAZOR ante o CP Cacereño nun partido que deixa a Manuel Pablo "contento pola imaxe"

DÉPOR FABRIL · 6 SETEMBRO 2026

EL FABRIL RABUÑA UN PUNTO EN ABANCA-RIAZOR ANTE O CP CACEREÑO NUN PARTIDO QUE DEIXA A MANUEL PABLO "CONTENTO POLA IMAXE"

El Fabril estreouse na casa en Primera Federación este domingo 6 de setembro cun empate (1-1) ante o CP Cacereño.Deste xeito, o filial suma o seu primeiro punto na liga.Manuel Pablo asegurou na sala de prensa estar "contento coa imaxe".O partido, fixado inicialmente no campo Arsenio Iglesias, xogouse en ABANCA-RIAZOR debido á alta demanda de entradas e á previsión de asistencia; e co obxectivo de que o maior número posible de deportivistas puidese gozar do encontro.Adiantouse o CP Cacereño aos 16 minutos grazas a un gol de Tellechea ao culminar unha contra."Custounos outra vez o inicio. Cometemos erros co balón, moitas perdas por dentro. Foi o momento que eles aproveitaron. O equipo saíu non moi concentrado", admitiu o técnico fabrilista.Para máis inri, Manu Serrano viuse obrigado a pedir o cambio por mor de, segundo explicou o adestrador do Fabril, "un choque fortuíto. Ao sermos novatos, non activamos o protocolo para este tipo de golpes na cabeza e quedamos cun cambio menos", lamentouse.O defensor ten "varios cortes na cara, sobre todo na cella e no pómulo. Cremos que en principio non ten nada máis. Vanlle facer algunha proba máis por se hai algún óso roto. Está consciente, está tranquilo".No seu lugar entrou Ferrán Seco, a última incorporación do filial neste mercado.O tanto estremeño esporeou o Fabril, que por momentos acurralou o seu rival no seu propio campo.As chegadas eran continuas, sobre todo pola banda de Kevin."A partir do gol evitamos todas esas perdas, comezamos a gañar terreo. Tivemos moito volume de chegadas, con ocasións claras", apuntou o preparador do filial.O gardameta visitante Diego lúcese cunha gran parada tras un disparo de Álvaro Fraga.Os dous protagonizan outra acción no minuto 36, de novo sen cambios no marcador.En pleno asedio fabrilista, Kevin vaise do seu par pola banda esquerda, pero o balón estrélase no pau dereito da portería do CP Cacereño.Un minuto despois, o Fabril solicita a revisión dun agarrón a Martín Ochoa cando o canteirán se dispuña a cabecear un centro lateral.Tras pasar polo VAR, o colexiado cántabro Francisco Crespo non viu nada punible entre as protestas da bancada."Cremos que a xogada é clara porque Martín vai rematar e o único que lle impide facelo é que o defensa está detrás, tócao e empúrrao", comenta Manuel Pablo.A última ocasión da primeira parte foi un disparo raso de Koke que marchou desviado.Co 0-1 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, o Fabril seguiu apertando na procura do empate.Nun saque de esquina ao segundo pau, a Rubén López quitáronlle o balón xusto cando se dispuña a rematar a pracer.Rubén López empata no minuto 50 cun gran disparo desde a frontal tras unha boa acción individual de Guerrero pola banda dereita.No 53, Samu, totalmente só, non consegue cabecear á rede un córner tamén ao segundo pau.Apertaba o Fabril con ataques continuos sobre a portería de Diego.Koke remata fóra desde a frontal un rexeitamento da defensa do CP Cacereño.Do mesmo xeito que sucedeu en Mérida, Guerrero viuse obrigado a pedir o cambio á hora de xogo por problemas musculares. Foi substituído por Domínguez.De Justino, substituto de Martín Ochoa, foi o seguinte remate raso no 65. O balón marchou rozando o pau esquerdo da portería do CP Cacereño.Co paso dos minutos, o CP Cacereño foi sacudindo o dominio do Fabril e o xogo equilibrouse."Entre os cambios obrigados e a calor que facía, si que nos custou, sobre todo no último treito, ter enerxía", admitiu Manuel Pablo.O Fabril opta por afrontar a recta final co internacional xuvenil Mauro Valeiro e Yayo, que entraron por Koke e Álvaro Fraga respectivamente.O CP Cacereño deu por bo o punto coa entrada doutro central para despexar balóns nos últimos minutos, José González.Así, o partido xa non deu para máis.Fabril: Álex Marqués, Quique Teijo, Samu, Marcos Serrano (Ferrán, min. 19), Íker Vidal, Rubén López, Koke (Yayo, min. 77), Guerrero (Domin, min. 63), Kevin, Álvaro Fraga (Mauro Valeiro, min. 77) e Martín Ochoa (Justino, min. 63)CP Cacereño: Diego, Martínez, Molina, Nico Conesa (Toño Valvo, min. 46), Gete, Oussama (Runy, min. 70), Navarro, Sergi López, Artola (José González, min. 82), Tellechea (Sevila, min. 58) e Expósito (Iván Fernández, min. 70)Árbitro: Francisco Crespo, do comité cántabro. Amoestou a Nico Conesa (min. 3) e Álvaro Fraga (min. 57)Goles: 0-1 Tellechea (min. 16); 1-1 Rubén López (min. 50)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.086 espectadores