
DÉPOR FABRIL · 29 AGOSTO 2026
EL FABRIL CAE EN MÉRIDA POR UNHA ACCIÓN A BALÓN PARADO NO MINUTO 91
O Fabril arrincou este sábado 29 de agosto a temporada en Primera Federación cunha derrota por 1-0 ante o AD Mérida no Estadio José Fouto.Decidiu o encontro un tanto de Sofiane no minuto 91 tras unha acción a balón parado.Manuel Pablo non puido contar cos lesionados Noé, Dipanda, Damián Canedo, Jairo, Manu Ferreiro e Xabi Campos; pero, pola contra, si foron titulares futbolistas que estiveron no primeiro equipo durante a pretemporada, como Quique Teijo, Kevin Sánchez, Guerrero ou Samu; ademais de xogadores que estiveron cedidos a pasada campaña en equipos de Primera Federación, como Martín Ochoa ou Rubén López.O partido arrincou con ocasións nas 2 áreas: Dani Sandoval chutou preto do poste de Álex Marqués e o fabrilista Kevin respondeu golpeando un balón por riba do traveseiro da portería do AD Mérida.A pesar de «comezar algo dubitativos», segundo recoñeceu o técnico fabrilista na sala de prensa, o Fabril axiña se asentou ben no José Fouto e maniatou un conxunto estremeño que a pasada temporada rematou clasificado na metade da táboa.«Fomos superando esa primeira liña de presión. Ao principio comezamos a saír con golpeos longos. Comezamos a crear situacións de vantaxe. Fómonos asentando, tentando ter o control ante un equipo que ten moi bos xogadores», apuntou o preparador do filial.A primeira metade rematou co Fabril achegándose con perigo á portería de Csenterics. Primeiro Íker Vidal chutou ao lateral da rede e despois a defensa emeritense tivo que traballar para abortar dous centros perigosos dirixidos a Guerrero e Martín Ochoa.Co 0-0 chegouse ao descanso.Na segunda parte, «demos un paso máis adiante, tendo máis control, tendo chegadas», segundo destacou Manuel Pablo.Á hora de xogo chegou o primeiro contratempo. Guerrero, unha das referencias ofensivas do equipo, non puido continuar por mor dunhas molestias musculares.Con todo, o partido estaba totalmente controlado ata que chegou o fatídico minuto 91.Álex Marqués non consegue despexar un libre directo que posteriormente Sofiane remata á rede para lograr o gol do triunfo do AD Mérida.«Escápansenos os puntos nun balón parado, pero estou bastante contento co rendemento do equipo», concluíu Manuel Pablo.O vindeiro domingo 6 de setembro ás 12:00, o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias o CP Cacereño.AD Mérida: Csenterics, Alejandro Jay, Nacho González, Martín Solar, Hallson (Sofiane, min. 67), Carlos Doncel (Benny, min. 84), Fito (Jota, min. 73), Dani Sandoval (Hugo Carrillo, min. 73), Barbu, Beneit e GioFabril: Álex Marqués, Manu Serrano (Íker Gil, min. 82), Quique Teijo, Samu, Íker Vidal, Rubén López, Rubén López, Koke (Dani Estévez, min. 84), Guerrero (Álvaro Fraga, min. 64), Luisao (Justino, min. 64) e Martín Ochoa (Guille Pastoriza, min. 82)Árbitro: Luis Enrique Morona, do comité madrileño. Amoestou a Kevin Sánchez (min. 31), Fito (min. 71), Rubén López (min. 75), Sofiane (min. 86) e Guille Pastoriza (min. 88)Goles: 1-0 Sofiane (min. 91)Incidencias: partido disputado no Estadio José Fouto

Mauro Valeiro conquista coa selección española sub-18 o Torne...

Resultados deste sábado 29 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

Antonio Hidalgo salienta o «volver estar xuntos e, sobre todo...

Este domingo 30 de agosto abren os despachos de billetes do P...

As Nosas adéstranse de novo este domingo 30 de agosto ás 11:0...

Un Dépor ABANCA que "fixo moitas cousas ben para gañar" arrin...