
FUNDACIÓN · 28 ABRIL 2026
O RC DEPORTIVO E A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN DAN ÁS PERSOAS ABONADAS DE ENTRE 10 E 14 ANOS A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NO ONDEO DE BANDEIRAS A PÉ DE CAMPO NO DÉPOR- CD LEGANÉS
Con motivo do encontro ante o CD Leganés, correspondente á 38ª xornada de LaLiga Hypermotion, o RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación fomentan a participación das novas xeracións de deportivistas a través do ondeo de bandeiras nos minutos previos.
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos (ambos inclusive), que teñan esa idade cumprida no momento de enviar a solicitude, sexan abonados na tempada 2025-26 e estean interesados en formar parte deste acto especial para calquera deportivista.Esta acción representa unha oportunidade única para que os máis novos vivan o fútbol desde unha perspectiva privilexiada, formando parte activa do ambiente previo ao encontro e sentindo de preto a emoción de pisar ABANCA-RIAZOR preto de #OSNOSOS.As persoas interesadas deberán cubrir o seguinte formulario.As persoas seleccionadas serán informadas vía e-mail a través do correo electrónico da RC Deportivo Fundación a partir do xoves 30 de abril ás 12:00, hora límite para apuntarse.O día do partido, os nenos e nenas participantes deberán acudir ao encontro co seu abono (físico ou dixital).

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes...

O Dépor recibe ao FC Andorra o domingo 17 de maio ás 14:00 ho...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...