RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Real Valladolid cede ao RC Deportivo unha nova remesa de 463 entradas ao prezo de 57 euros para o partido no Estadio José Zorrilla do domingo 24 de maio

DÉPOR · 15 MAIO 2026

O REAL VALLADOLID CEDE AO RC DEPORTIVO UNHA NOVA REMESA DE 463 ENTRADAS AO PREZO DE 57 EUROS PARA O PARTIDO NO ESTADIO JOSÉ ZORRILLA DO DOMINGO 24 DE MAIO

O Real Valladolid puxo á disposición do RC Deportivo unha segunda remesa de 463 entradas ao prezo de 57 euros para o partido do domingo 24 de maio ás 18:30 horas no Estadio José Zorrilla, correspondente á 41ª xornada de LaLiga Hypermotion.Delas, un total de 185 xestiónaas a Federación de Peñas e 278 o Club.O conxunto pucelano cedera nun primeiro momento outras 594 entradas ao prezo de 25 euros, das cales o 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas (238), e o resto a través do Club (356).O RC Deportivo mantén activa ata o sábado 16 de maio ás 21:00 horas a prerreserva a través da web reservas.rcdeportivo.es.No caso de que houbese máis abonados en prerreserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se lles comunicará aos abonados agraciados o luns 18 de maio; e notificaráselles a forma de pago e como recibir as entradas.As localidades que non fosen retiradas o martes 19 de maio ás 18:00 horas serán asignadas aos suplentes que se designen, así mesmo, no sorteo realizado.O prazo límite para a retirada das entradas será o mércores 20 de maio ás 18:00.En consecuencia, non haberá venda física de entradas na OAD para este encontro.Será obrigatorio presentar o abono e o DNI do abonado.