RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo avisa do "sufrimento que imos ter de aquí ao final, o que levamos durante todo o ano"

DÉPOR · 15 MAIO 2026

ANTONIO HIDALGO AVISA DO "SUFRIMENTO QUE IMOS TER DE AQUÍ AO FINAL, O QUE LEVAMOS DURANTE TODO O ANO"

Antonio Hidalgo manifestou este venres 15 de maio na sala de prensa do Dépor Training Center que "o máis importante é a ilusión que hai, pero hai que vela con intelixencia. Saber o sufrimento que imos ter de aquí ao final, o que levamos durante todo o ano. Iso é o que nos está facendo estables".Insiste en estar "sempre vivos polo obxectivo, estar loitando sempre dentro dos partidos para poder ver cada situación".O técnico deportivista móstrase "encantado de como o está vivindo ANOSAFORZA. Necesitámolos empurrando desde o primeiro minuto até o último. Sei que o van facer, o van sufrir, o van gozar tamén. Agora vén o final, o bonito. Só vale sumar de 3".Do FC Andorra, rival este domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, advirte que "é un equipo que leva traballando desde hai moito tempo coa mesma filosofía. Hai moitos xogadores que levan alí moito tempo, xogando sempre ao mesmo con diferentes matices. Están nun pico de forma grande. Temos que estar preparados para o tipo de partido que temos que xogar nun escenario que nos vai empurrar moitísimo. ANOSAFORZA vai estar ao noso lado".Recalca de novo "ese punto de sufrimento que imos ter que pasar durante o partido, aceptar situacións de estar moi axustados neses momentos sen balón, buscar os seus puntos débiles, que os teñen como calquera equipo, enfocar ese partido coa maior intelixencia posible e prepararnos con ANOSAFORZA para empurrar desde o primeiro minuto".Finalmente Antonio Hidalgo pide "non desviarnos do que realmente é importante, que é o partido"; é dicir, "centrarnos no noso, sumar de 3 que é o importante"."Tes que centrarte no teu, no que podes controlar. Intentamos centrarnos en todos os aspectos do xogo. Temos que traballar mentalmente as diferentes situacións que se poden ir dando durante os partidos. E a partir de aí coa máxima tranquilidade posible", conclúe o preparador do Dépor.