
DÉPOR · 15 MAIO 2026
A EXPLANADA DO PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR ACOLLERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PARA ANOSAFORZA DESDE AS 10:00 HORAS DESTE DOMINGO 17 DE MAIO
A previa do encontro entre o Dépor e o FC Andorra vivirase con intensidade desde primeira hora do domingo 17 de maio coa nova edición da Fan Zone blanquiazul, un espazo pensado para reunir a afección deportivista e comezar a xornada cun bo ambiente.A explanada do Palacio de los Deportes de Riazor será o escenario dunha programación especial que arrancará ás 10:00 horas, combinando actividades participativas, música en directo e propostas para todos os deportivistas antes e despois do partido.A xornada contará coa actividade 'Somos Branquiazuis', un pintacaras dirixido aos seguidores máis novos e a todas aquelas persoas que queiran lucir as cores do Dépor desde primeira hora. Con esta iniciativa, o Club convida a todos os deportivistas a vestir ABANCA-RIAZOR de branquiazul, non só nos seus atuendos, senón tamén nas súas caras.Paralelamente desenvolverase o mural participativo 'As nosas letras', unha proposta creativa aberta á afección con motivo do Día das Letras Galegas. Os afeccionados e afeccionadas poderán deixar a súa mensaxe de ánimo aos xogadores neste espazo de cara á recta final da competición. Nesa liña, 'a forza das palabras' verase reflectida máis ca nunca.A música collerá protagonismo a partir das 11:00 horas co concerto de Versionettes. Ás 12:30 horas chegará o autobús do equipo, nun momento que contará tamén coa presenza da Asociación Malante Banda de Gaitas.Ás 13:00 horas abriranse as portas de ABANCA-RIAZOR e dará comezo unha sesión musical de diferentes DJs que se estenderá ata as 23:00 horas, mantendo vivo o ambiente blanquiazul durante toda a xornada.Con esta iniciativa, o RC Deportivo busca reforzar o vínculo con ANOSAFORZA e seguir convertendo cada día de partido nunha experiencia que transcenda os 90 minutos, creando espazos de encontro, convivencia e celebración arredor das cores que definen ao Club.

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...