
INFANTIL A · 15 MAIO 2026
O INFANTIL RECIBIU ESTE VENRES 15 A SÚA COPA DE CAMPIÓN DE LIGA NUNHA FIN DE SEMANA CON CITA DECISIVA PARA O CADETE ESTE SÁBADO 16 ÁS 12:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
Un partido adiantouse á fin de semana en ANOSACANTEIRA.Este venres 15 de maio no Dépor Training Center o Infantil (na foto principal da noticia) e o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) puxeron o punto e final á División de Honra.Ambos equipos cumpriron os seus obxectivos: título os branquiazuis e zona media-alta os 'verdes'.Venceron os branquiazuis (8-1), que recolleron das mans de Diego Batalla, secretario xeral da Federación Galega de Fútbol, o trofeo de campións de liga.O Infantil rematou a competición con 85 puntos, con 28 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido; e con 214 goles a favor por 8 en contra.Pola súa banda, os 'verdes' sumaron 43 puntos froito de 12 partidos gañados, 7 empatados e 11 perdidos; e con 55 goles marcados por 66 encaixados.O sábado 16 de maio destaca o partido do Cadete na última xornada da División de Honra, ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias ante a UD Santa Mariña.Os branquiazuis chegan na primeira posición con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta e co golaverage gañado cos célticos en caso de empate a puntos.Así pois, sumar un punto ante a UD Santa Mariña é suficiente para que o Cadete se proclame campión de liga.Ademais, no campo Salvador Otero da Illa de Arousa o Alevín A e o Benxamín A disputan as semifinais do Campionato Galego de fútbol 8 ante o Pabellón Promesas (12:30) e o RC Celta (11:30) respectivamente.Completa a xornada do sábado 16 o último partido de liga do San Tirso SD Cadete, ás 16:00 en O Monte ante o CD Lugo. Os 'verdes' completaron unha brillante temporada cun gran terceiro posto, só superados por Dépor e RC Celta.Para o domingo 17 de maio queda a despedida do Xuvenil B, ás 10:45 no Dépor Training Center ante o Alondras CF. Os branquiazuis son xa subcampións da Liga Nacional desde hai varias xornadas.Por outra banda, o Alevín conclúe en Lugo ante o ADC A Piringalla (11:00) o grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Os deportivistas buscan certificar a primeira praza e xogar a final do torneo contra o campión do grupo sur, o RC Celta.Finalmente, ese mesmo domingo 17 o Benxamín A compite no Torneo Oroso de fútbol 8 en Sigüeiro mentres que o Fabril FC Benxamín no Trofeo Frigohogar no campo de Berdón, en Vilagarcía.ANOSACANTEIRA celebra ademais a convocatoria de Mauro Valeiro para disputar o campionato de Europa sub-17 en Estonia.O centrocampista do Xuvenil A concentrouse este venres 15 de maio na localidade alacantina de Alfaz del Pi antes de desprazarse ao país báltico.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Categoría xuvenil34ª xornada (última): XUVENIL B - ALONDRAS CF, o domingo 17 de maio ás 10:45 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 92 puntos; 2. Xuvenil B, 78 puntos; 3. Ural Español CF, 68 puntos... 16. Alondras CF, 22 puntos...Categoría cadete30ª xornada (última): CADETE - UD SANTA MARIÑA, o sábado 16 de maio ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias30ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE - CD LUGO, o sábado 16 de maio ás 16:00 en O MonteClasificación da División de Honra: 1. Cadete, 78 puntos; 2. RC Celta, 76 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 50 puntos; 4. Arosa SC, 44 puntos; 5. CD Lugo, 42 puntos... 16. UD Santa Mariña, 28 puntosCategoría infantil30ª xornada (última): INFANTIL 8 (Álvaro Gómez, David Gómez, Hugo Macedo -2-, Sergio Fernández, Santi Durán -2- e Yoel Puñal) - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Álvarez)Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión, un partido máis), 85 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 69 puntos... 6. CD Conxo Santiago, 45 puntos; 7. San Tirso SD Infantil (un partido máis), 43 puntos; 8. AJ Lérez, 41 puntos...Categoría alevín13ª xornada (última): ADC A PIRINGALLA - ALEVÍN, o domingo 17 de maio ás 11:00 no Municipal Rodríguez Lago 2Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 36 puntos, 2. CD Lugo, 33 puntos... 12. ADC A Piringalla, 3 puntos...Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, no campo Salvador Otero (A Illa de Arousa)Sábado 16 de maioSemifinais12:30: ALEVÍN A - PABELLÓN PROMESAS (campo 1)Categoría benxamínSemifinais11:30: BENXAMÍN A - RC CELTATorneo Oroso, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)Domingo 17 de maioPrimera Fase10:00: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO12:00: BENXAMÍN A - UD SANTA MARIÑA14:20: BENXAMÍN A - PRAIÑA SPORTING CLUBEn función da clasificación os equipos pasarán á fase final3er Torneo Frigohogar, no campo de Berdón (Vilagarcía)Domingo 17 de maioPrimera Fase10:15: FABRIL FC BENXAMÍN - EF SILLEDA13:35: FABRIL FC BENXAMÍN - UMIA CF16:45: FABRIL FC BENXAMÍN - CALDAS CF18:25: FABRIL FC BENXAMÍN - SALGUEIRIÑOS CFEn función da clasificación, os equipos pasan a unha Fase Final


Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...