
CANTERA · 9 SETEMBRO 2026
O SAN TIRSO SD INFANTIL SUPEROU AO REAL OVIEDO NO AMIGABLE QUE ABRIU UNHA NOVA SEMANA EN ANOSACANTEIRA, CON TORNEO DESDE ESTE VENRES 11 PARA O INFANTIL EN ARNEDO
Un partido amigable abriu o calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA.Este mércores 9 de setembro o San Tirso SD Infantil (na foto da noticia) venceu por 4-1 ao Real Oviedo no campo de Santa Cruz, en Lourenzá.A fin de semana arranca coa participación do Infantil desde este venres 11 no Torneo de Arnedo, na Rioxa.O partido en ABANCA-RIAZOR entre o Fabril e a SD Ponferradina, fixado para o domingo 13 de setembro ás 16:00, é o encontro máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA.Os fabrilistas chegan tras empatar (1-1) o pasado domingo co CP Cacereño, tamén en ABANCA-RIAZOR.Pola súa banda, os do Bierzo, candidatos a ocupar postos da zona alta, sumaron 4 puntos de 6 posibles nas 2 primeiras xornadas.Manu Serrano, cunha fractura nasal e da órbita dereita, únese á longa lista de lesionados do filial, integrada por Damián Canedo, Noé, Jairo ou Dipanda.Completan a xornada do domingo 13 o encontro do Xuvenil A no campo Arsenio Iglesias ante o Bansander (12:00) e o do Xuvenil B en Oira fronte ao Auriense CA (12:30).En canto ao resto de categorías, os dous equipos cadetes inician a División de Honor, ambos o sábado 12: o Dépor no Dépor Training Center ante o Coruxo FC (12:45) e o San Tirso SD Cadete en Nigrán (12:30 horas).Finalmente, os dous equipos alevíns compiten no torneo organizado polo CD Arcade na localidade pontevedresa; e os dous benxamíns, no Memorial Manolo Carrera en Velle.O calendario de partidos é o seguinte:Primera Federación3ª xornada: FABRIL - SD PONFERRADINA, o domingo 13 de setembro ás 16:00 en ABANCA-RIAZORCategoría xuvenilDivisión de Honor, 2ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 13 de setembro ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasLiga Nacional, 2ª xornada: AURIENSE CA - XUVENIL B, o domingo 13 de setembro ás 12:30 en OiraCategoría cadeteDivisión de Honor, 1ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 12 de setembro ás 12:45 no Dépor Training CenterDivisión de Honor, 1ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 12 de setembro ás 12:30 en Condomínguez (Nigrán)Categoría infantilTorneo de Arnedo (La Rioja)Venres 11 de setembro16:35: REAL ZARAGOZA - INFANTIL18:20: VILLARREAL CF - INFANTILSegundo a clasificación, os equipos accederán á Fase FinalAmigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Alberto Novo -2-, Saúl e Enzo Fernández) - REAL OVIEDO 1Categoría alevínTorneo CD Arcade, no SalgueirónSábado 12 de setembroPrimera Fase10:45: ALEVÍN A - ATALAIA FC12:25: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF14:05: ALEVÍN A - CD CALASANZ15:45: ALEVÍN A - FC PORTOEn función da clasificación, os equipos pasarán á Fase FinalTorneo CD Arcade, no SalgueirónSábado 12 de setembroPrimera Fase9:55: FABRIL FC ALEVÍN - SD COMPOSTELA11:35: FABRIL FC ALEVÍN - VITÒRIA SC13:15: FABRIL FC ALEVÍN - CD ARCADE B16:35: FABRIL FC ALEVÍN - BERTAMIRÁNS FCEn función da clasificación, os equipos pasarán á Fase FinalCategoría benxamínXIV Memorial Manolo Carrera, no campo Monte da Aira (Velle)Sábado 12 de setembroPrimera Fase10:20: BENXAMÍN A - CD LALÍN12:00: BENXAMÍN A - SPORTING CELANOVA13:00: BENXAMÍN A - RAYO 21 CFEn función da clasificación, os equipos pasarán á Fase FinalXIV Memorial Manolo Carrera, no campo Monte da Aira (Velle)Sábado 12 de setembroPrimera Fase10:00: FABRIL FC BENXAMÍN - VERÍN CF11:40: FABRIL FC BENXAMÍN - CD ARENTEIRO12:40: FABRIL FC BENXAMÍN - UD OURENSEEn función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Final

Inês Pereira, sincera: "Namoreime da cidade, da xente, da afe...

Marc Casadó, na súa presentación: "Temos moitas ganas e unha ...

O Dépor prepárase para «sacar o seu xen competitivo para pode...

A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...