RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Inês Pereira, sincera: "Namoreime da cidade, da xente, da afección"

DÉPOR ABANCA · 9 SETEMBRO 2026

INÊS PEREIRA, SINCERA: "NAMOREIME DA CIDADE, DA XENTE, DA AFECCIÓN"

Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999) foi presentada este mércores 9 de setembro como nova xogadora do Dépor ABANCA até xuño de 2029.En primeiro lugar posou coa súa camiseta para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA quixo «agradecerlle a ela e ao Everton FC a predisposición para que puidese estar aquí. Se hoxe está aquí é por todo o que quere ao Dépor e pola sinerxía que tivo co proxecto desde o primeiro día».Destacou a súa «experiencia tanto a nivel de Eurocopa como de Mundial» e desexou «que este ano poidamos volver tela no Mundial. Foi nomeada mellor porteira da Liga F hai dúas temporadas e a pasada fixo unha moi boa campaña. Seguro que nos vai achegar moito».

inespereira0909.jpg

Pola súa banda, Inês Pereira confesa ter vivido os días previos á súa chegada ao Dépor ABANCA "con moita ansiedade porque desde había tempo dixen que quería quedar no Dépor; pero o meu club era o Everton FC e ata o final tiven momentos nos que pensei que non ía vir".Pensa que o proxecto deportivista "é moi bo. Namoreime da cidade, da xente, da afección. Estiven 2 anos cedida e agora é como 'por fin estou na casa'. Síntome na casa, estou preto da miña familia, preto da miña moza tamén, e é xuntar os meus dous mundos, a miña vida persoal e a miña vida profesional".A gardameta branquiazul lembra que "o día que o meu representante me dixo de asinar o contrato co Dépor xa estaba mirando voos para vir desde Liverpool. Tiña moitas ganas de vir e quero achegar moitas cousas e axudar moito ao equipo".

inespereiraykevin0909.jpg

Finalmente Inês Pereira sente "estar traballando ben. 'Tara' estao facendo moi ben, pero sei que o meu obxectivo é xogar e quero xogar. Non podo poñerlle as cousas fáciles a ninguén. É bo ter unha boa competencia entre nós porque, ao final do día, eu vou medrar e ela vai medrar. É un pouco egoísta dicir que quero xogar, pero o día que diga que non quero xogar, deixo o fútbol".Ve un Dépor ABANCA "con algunha xogadora con experiencia e outras novas. Vese nos partidos que o grupo está moi unido, temos un bo grupo e ás veces son necesarios novos aires. O Club necesitábao; nós, as que quedamos, tamén o necesitabamos; o staff necesitábao. Podemos seguir medrando e seguir facendo cousas mellores, pero no global o que estamos facendo é moi bo".

Real Club Deportivo de La Coruña