
DÉPOR · 9 SETEMBRO 2026
O DÉPOR PREPÁRASE PARA «SACAR O SEU XEN COMPETITIVO PARA PODER GAÑAR EN GETAFE»
O Dépor prepárase no Dépor Training Center para, este domingo 13 de setembro ás 18:30 (Movistar LaLiga) no Coliseum ante o Getafe CF, «sacar o xen competitivo para poder gañar alí», tal e como desvelou Marc Casadó na sala de prensa.Os Nosos son conscientes, segundo o mediocentro deportivista, de «como son os partidos no Coliseum. Será complicado».Para iso, segundo Casadó, «hai que competir, hai que saír máis enchufados ca eles. Se sabemos traballar como adoitamos facer, podemos sacar os 3 puntos».Todo o cadro de xogadores estivo á disposición dos técnicos agás Asp Jensen, por control de cargas.

Tras unha activación con rondos, o corpo técnico dispuxo un exercicio de posesión antes de pasar a un exercicio táctico xa orientado ao encontro ante os getafenses.Con fútbol reducido finalizou o traballo sobre o céspede, xa que despois houbo un circuíto no ximnasio supervisado polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.Este xoves 10 de setembro, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Primeira vitoria na casa do Dépor ABANCA, segunda consecutiva...

Antonio Hidalgo: "Estamos competindo contra todo o mundo e is...

Parte médico de Inês Pereira

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

O Dépor cae pola mínima e "con moita dor" ante o Atlético de ...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...




