RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marc Casadó, na súa presentación: "Temos moitas ganas e unha ambición incrible para poder facer unha boa temporada"

DÉPOR · 9 SETEMBRO 2026

MARC CASADÓ, NA SÚA PRESENTACIÓN: "TEMOS MOITAS GANAS E UNHA AMBICIÓN INCRIBLE PARA PODER FACER UNHA BOA TEMPORADA"

Marc Casadó Torras (Sant Pere de Vilamajor, Barcelona, 14 de setembro de 2003) foi presentado este mediodía no Dépor Training Center como novo xogador do Dépor até xuño de 2027, cedido polo FC Barcelona.Tras posar para os medios gráficos coa súa camiseta, Fernando Soriano, na sala de prensa, apuntou que o novo centrocampista branquiazul "pode xogar de pivote. Vén complementar esa parcela, podendo xogar de 6, de 8, dependendo de como queira xogar o míster".O Director de Fútbol do Club quixo "agradecer publicamente a predisposición. Sabendo que tiña outras opcións, elixir o Dépor. Desexámosche o mellor".Pola súa banda, Marc Casadó conta que "hai 3 anos, cando xogamos aquí co filial, cando o Dépor subiu a Segunda División, mantivemos unhas conversas co Club. Valoramos a opción de vir. Non puido ser porque o Barça nos ofreceu a posibilidade de xogar no primeiro equipo".Confesa que "daquel partido saín cunha imaxe do Dépor incrible polo estadio, pola afección, por como se desenvolveu todo o partido. Cando me ofreceron a posibilidade de vir este ano, o recordo daquel partido pesou bastante á hora de tomar esta decisión".

marccasado0909.jpg

O futbolista catalán admite que o Barça "é o Club que mo deu todo até agora. Estou súper agradecido ao Club; pero agora mesmo estou centrado no Dépor. Temos moitas ganas e unha ambición incrible para poder facer unha boa temporada. Temos a calidade suficiente para poder facer unha moi boa temporada".Confesa que este verán foi "longo. Ao final solucionouse todo no último momento. Sei que moitas cousas que se dixeron non son verdade. Por poñerche un exemplo, estaba en Tanzania de vacacións e a familia enviábame cousas de que fichara polo club 'X'. E eu sen saber nada. O importante é que puido saír esta operación. Estou moi contento de estar aquí e temos moitas ganas de facer unha grandísima temporada".Casadó asegura que "o primeiro obxectivo é conseguir a permanencia, conseguir que este Club poida estar moitos anos en Primera División. E despois, con traballo, con humildade, con sacrificio, tentaremos partido a partido ir sumando o máximo número de puntos posible para tentar facer algo máis grande".

casadoysoriano0909.jpg

Finalmente, subliña que «pódome adaptar a calquera estilo de xogo. Falei co míster. Sei o que me vai pedir e o que non. Temos un equipo que sabe estar sen balón, pero tamén temos momentos de control do balón, de poder xogar un bo fútbol. O importante é que o equipo saiba sufrir cando lle toque, saiba ter o balón cando lle toque e poidamos sacar os 3 puntos en moitos partidos».Sobre o seu debut en Villarreal, fala de «sensacións incribles a nivel de equipo. Xogar nun campo tan complicado, sufrir como o fixemos e saber sacar os 3 puntos di moito e moi bo do equipo. Persoalmente, foi duro a nivel físico. Atopábame un pouco fóra de forma, pero cada día atópome un pouco mellor. Vou recuperar esa forma axiña. Agora mesmo síntome moito mellor».

Real Club Deportivo de La Coruña