
DÉPOR · 31 XULLO 2025
ESGOTADO MARATHÓN INFERIOR, PREFERENCIA INFERIOR, PAVILLÓN SUPERIOR E PAVILLÓN INFERIOR TANTO PARA ALTAS COMO PARA CAMBIOS DE ASENTO
Están esgotadas tanto para novas altas como para cambios de localidade as bancadas seguintes en ABANCA-RIAZOR: Marathón Inferior, Preferencia Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.Os días de cambio de localidade e modalidade prolongaranse até o 13 de agosto exclusivamente para persoas socias da temporada pasada e sempre con cita previa.Por conseguinte, o Club agradece que os abonados ou abonadas que pediron cita previa para ter unha localidade nestas bancadas cancelen a súa cita, que pode ser aproveitada por outra persoa.Se a persoa titular quere cambiar de localidade a unha bancada de inferior valor non se devolve a diferenza. Se se desexa cambiar de localidade a unha bancada de superior valor, deberá abonar a diferenza.Cambio de Soci@ Amigo e Nen@ Dépor a abono con localidadeDado que as citas previas están esgotadas, o Club abriu un prazo excepcional do 18 ao 22 de agosto para que os Soci@ Amigo e Nen@ Dépor poidan pasar a abono con asento.Será até chegar ao tope, presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (sito na Avenida de la Habana s/n da Coruña), por estrita orde de chegada e loxicamente nas bancadas dispoñibles.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...