RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
España, coas deportivistas Marisa e Ainoa Gómez, mídese este mércores a Portugal nos oitavos de final do Mundial sub-20

DÉPOR ABANCA · 15 SETEMBRO 2026

ESPAÑA, COAS DEPORTIVISTAS MARISA E AINOA GÓMEZ, MÍDESE ESTE MÉRCORES A PORTUGAL NOS OITAVOS DE FINAL DO MUNDIAL SUB-20

Foto: RFEF.es

A selección española sub-20, na que militan as xogadoras do Dépor ABANCA Marisa García e Ainoa Gómez, enfróntase este mércores 16 de setembro a Portugal nos oitavos de final do Campionato do Mundo da categoría.O encontro arrincará ás 18:30, disputarase no Arena Katowice, situado na cidade polaca de Katowice, e será retransmitido en directo por RTVE Play e Teledeporte.O combinado nacional chega tras sumar os 9 puntos de 9 posibles na Primera Fase.Marisa e Ainoa Gómez participaron nos 3 encontros. Foron titulares ante Nixeria e Nueva Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade no terceiro partido ante a República Popular China.A primeira delas suma 3 goles no que vai de campionato, tras marcar 1 ante Nixeria e 2 fronte a Nueva Caledonia nunha goleada que quedou para a historia dos mundiais.Pola súa banda, Portugal debuta nun Mundial. As portuguesas remataron a Primera Fase como segundas do grupo E con 4 puntos, os mesmos que Colombia (3ª), e a 5 puntos da República Popular Democrática de Corea, líder con 9.O combinado luso caeu ante as coreanas (2-0), empatou con Colombia (0-0) e superou a Costa Rica (3-0) no encontro decisivo.O calendario de partidos de España no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de final18.30: ESPAÑA - PORTUGAL, no Arena Katowice de Katowice