RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Semana grande de Andalucía en ABANCA-RIAZOR, co Sevilla FC o mércores 16 e o Real Betis o domingo 20

DÉPOR · 14 SETEMBRO 2026

SEMANA GRANDE DE ANDALUCÍA EN ABANCA-RIAZOR, CO SEVILLA FC O MÉRCORES 16 E O REAL BETIS O DOMINGO 20

O Dépor arrincou unha extenuante semana coa visita a ABANCA-RIAZOR dos dous representantes de Andalucía en LaLiga EA Sports: o Sevilla FC o mércores 16 ás 19:00 (Dazn en aberto) e o Real Betis o domingo 20 ás 18:30 horas (Dazn).Así, nada máis aterrar este luns 14 no Aeroporto de A Coruña o avión que traía de volta a expedición deportivista desde Getafe, Os Nosos xa se puxeron mans á obra cunha clásica sesión pospartido no campo 3 do Dépor Training Center.Os titulares quedaron no ximnasio e na sala de fisioterapia, mentres que os que non actuaron de inicio no Coliseum tiveron un adestramento compensatorio cunha activación, unha roda de pases e un exercicio de finalizacións.Os Nosos encaran este maratón de partidos con 9 puntos na 7ª posición.Antonio Hidalgo lembra unha e outra vez unha idea que forma parte do crecemento como equipo: aprender a sufrir. Non todos os partidos se xogarán como se quere nin se imporá o fútbol do Dépor durante os 90 minutos. Haberá momentos nos que haberá que resistir, adaptarse a escenarios diferentes e atopar outras maneiras de competir sen perder a personalidade. Getafe foi unha boa proba diso.O capitán Ximo Navarro insiste en ir partido a partido e «en pensar no do mércores, en gañar na nosa casa. É importante ir sumando puntos porque, a medida que avance a competición, cada vez vai ser máis complicado. A por máis o mércores».Antonio Hidalgo disporá de 6 sesións de adestramento no Dépor Training Center, coa seguinte planificación:Luns 14 de setembro12:30 h.Martes 15 de setembro17:00Mércores 16 de setembro11:00 h.19:00: Deportivo - Sevilla FC, en ABANCA-RIAZORXoves 17 de setembro10:30 h.Venres 18 de setembro10:30 h.Sábado 19 de setembro10:30 h.Domingo 20 de setembro18:30: Deportivo - Real Betis, en ABANCA-RIAZOR