
DÉPOR · 15 SETEMBRO 2026
ESTE MÉRCORES 16 DE SETEMBRO ABRE A OAD DE 12:00 A 16:00; E OS DESPACHOS DE BILLETES DO PALACIO DE LOS DEPORTES DE RIAZOR, DE 16:00 A 20:00 HORAS
Este mércores 16 de setembro, día do partido ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR (19:00), a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) abre de 12:00 a 16:00. A partir desa hora abren os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor, ata as 20:00 horas.As entradas para o público para o partido ante o Sevilla FC e tamén para o do Real Betis do domingo 20 de setembro ás 18:30 pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón, ademais de na OAD co seguinte horario durante o resto da semana: o xoves 17 de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres 18 de 9:15 a 14:00.Os prezos das localidades para o encontro ante o Sevilla FC serán a partir de 55 euros e, para o encontro ante o Real Betis, a partir de 60 euros; sempre suxeitos a cambios segundo a dispoñibilidade.Os/as Deportivistas e Deportivistas + teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.


España, coas deportivistas Marisa e Ainoa Gómez, mídese este ...

Definidos os horarios dos próximos partidos do Fabril en Prim...

O Infantil e o San Tirso SD Infantil inician a División de Ho...

O Dépor ABANCA repite partido en ABANCA-RIAZOR o sábado 3 de ...

Semana grande de Andalucía en ABANCA-RIAZOR, co Sevilla FC o ...

Ximo Navarro: "Non miramos moito a clasificación. É moi cedo....