RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor "nun bo momento" pero que puido "adestrar moi pouco para preparar o partido" recibe ao Sevilla FC este mércores 16 en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR · 15 SETEMBRO 2026

UN DÉPOR "NUN BO MOMENTO" PERO QUE PUIDO "ADESTRAR MOI POUCO PARA PREPARAR O PARTIDO" RECIBE AO SEVILLA FC ESTE MÉRCORES 16 EN ABANCA-RIAZOR

O Dépor mídese ao Sevilla FC este mércores 16 de setembro ás 19:00 (Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR, no partido correspondente á 6ª xornada de LaLiga EA Sports.Os Nosos chegan ao encontro tras o empate do pasado domingo 13 de setembro en Getafe, con 9 puntos e na 7ª posición da táboa.Antonio Hidalgo fala de sensacións "positivas. Estamos nun bo momento. Agora o máis importante é seguir recuperando os xogadores para que poidan chegar mañá á hora do partido da mellor maneira".De feito, conta que este martes "é o peor día para o futbolista que xogou o domingo. Mañá (mércores 16) terán a mínima frescura para poder competir. O que é un pouco complicado é que haxa unha xornada intersemanal tan cedo porque acabamos de saír dunha pretemporada. Aos xogadores fáltanlles picos de forma. Tes que axustar moito as pezas para ver que xogadores poden rematar o partido, cales poden xogar máis de inicio".O técnico deportivista ten todo o seu cadro de xogadores á súa disposición agás Teun Gijselhart, que segundo aclarou "ten permiso para poder negociar unha cesión". "Somos un gran número de xogadores no cadro. Coa chegada de Marc Casadó os seus minutos podían diminuír. Fomos moi claros con el. El tamén o entendeu. Ten moitas ganas de triunfar no Deportivo. El cre que a mellor opción é ter minutos", engadiu.Sen apenas tempo, o equipo, co fabrilista Hugo Ríos, realizou un último adestramento esta tarde no Dépor Training Center cunha roda de pases, un ensaio de accións a balón parado, unha tarefa táctica e fútbol reducido."Puidemos adestrar moi pouco para preparar o partido. Sabemos a dificultade que ten xogar entre semana, pero a partir de aí hai que preparalo da mellor maneira posible", comentou o preparador branquiazul.O partido é especial para Antonio Hidalgo, de pais sevillanos e, segundo lembra el mesmo, con pasado sevillista (temporada 2022-23): "Estiven un ano. Tratáronme fenomenal. Téñolles moitísimo cariño. Tanto a Ignasi (Salafranca) como a min tratáronnos fenomenal. Moitos integrantes do corpo técnico que están agora estiveron comigo no Sevilla Atlético e axudáronme moitísimo. Pasei un ano formidable".

yeremay0915.jpg

Precisamente o Sevilla FC, que xogou o seu partido na casa ante o Valencia CF (1-0) o venres 11, dous días antes que o partido de Os Nosos en Getafe, é 6º na táboa con 10 puntos.Lonxe do Estadio Sánchez Pizjuán esta temporada os andaluces gañaron ao Athletic Club (1-3) e empataron co RCD Espanyol (1-1).O conxunto sevillista estará arroupado nas bancadas de ABANCA-RIAZOR por uns 1.000 afeccionados.O seu técnico, Luis García Plaza, ve o seu equipo "ben, con moitas ganas. É lóxico, o inicio foi bo. Cando estás en positivo nótanse a alegría e a confianza, pero cada partido é unha historia".Do Dépor, lembra que está "invicto. Cando está invicto é porque está facendo as cousas moi ben".Así mesmo, recalca que "é un recentemente ascendido, pero cun músculo económico que non ten nada que ver co dun recentemente ascendido. Investiron cartos, fixeron unha ampliación de capital. Agora os que teñen que investir os cartos, a Dirección Deportiva, fixeron un traballo boísimo. Ficharon moi bos xogadores, xente moi consagrada, con moita experiencia, apostando tamén por xogadores con futuro. Fixeron un traballo excepcional".Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o xoves 17 de setembro ás 10:30 no Dépor Training Center.

  • brightede0915.jpg
  • eddahchouri0915.jpg
  • ferllo0915.jpg
  • casado0915.jpg
  • jensen0915.jpg