
DÉPOR · 5 XULLO 2026
ESTE LUNS 6 DE XULLO ARRINCA O DÉPOR 2026-27 COAS PROBAS MÉDICAS E FÍSICAS
O Dépor 2026-27 inicia a súa andaina este luns 6 de xullo.Os futbolistas están citados a partir das 8:30 no Dépor Training Center para os recoñecementos médicos rutineiros e as valoracións físicas.Ademais, por grupos, os xogadores desprazaranse ao Hospital HM Modelo para as probas cardiolóxicas no centro sanitario de referencia do RC Deportivo.O martes 7 de xullo completaranse os recoñecementos aos futbolistas e ás 17:00 terá lugar o primeiro adestramento entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center.Os futbolistas citados este luns 6 de xullo son os seguintes: Germán Parreño, Adrià Altimira, Arnau Comas, Lucas Noubi, Dani Barcia, Charlie Patiño, Diego Villares, Zakaria Eddahchouri, Yeremay Hernández, David Mella Giacomo Quagliata, Eric Puerto, Ricardo Rodríguez 'Riki', Miguel Loureiro, Teun Gijselhart, Luismi Cruz, Jose Ángel Jurado, Mario Soriano, Ximo Navarro, Álvaro Ferllo, Leo Román, Samu Fernández, Bil Nsongo, Noé Carrillo, Kevin Sánchez, Adrián Guerrero e Xabi Campos.

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...