
DÉPOR FABRIL · 31 AGOSTO 2026
FERRÁN SECO APUNTALA A DEFENSA DO FABRIL
Ferrán Seco Fons (Gandía, Valencia, 29 de xuño de 2007) convértese en novo xogador do Fabril.O novo defensa central, que destaca polos seus 1,88 de altura e o seu liderado, incorpórase á disciplina branquiazul cun contrato que se prolonga ata xuño de 2028.O futbolista valenciano deu os seus primeiros pasos nas categorías inferiores do Valencia CF antes de incorporarse á canteira do Real Madrid CF, onde completou boa parte da súa etapa formativa.A pasada temporada, Ferrán Seco militou no Xuvenil A do conxunto madridista, co que tamén disputou 3 encontros da UEFA Youth League, competición na que acabou proclamándose campión.Coa súa incorporación, o Fabril suma ao seu cadro de xogadores un novo central con proxección que aumentará a competitividade nunha posición na que actualmente Manuel Pablo xa conta con Samu, Vergara e Manu Serrano, ademais de Damián, quen continúa co seu proceso de recuperación.Benvido Ferran!

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...