
DÉPOR · 17 AGOSTO 2025
FINALIZADO O PERÍODO DE CAMBIOS DE LOCALIDADE, ESTE LUNS 18 ARRINCA O PRAZO PARA PASAR DE SOCI@S AMIG@S A ABONOS CON ASENTO
O RC Deportivo pechou o proceso de cambios de localidade cun total de 28.200 abonados, distribuídos da seguinte maneira: 26.486 con asento, 1.334 Soci@s Amig@s e 380 Nen@s Dépor.A partir deste luns 18 de agosto, e ata o venres 22 de agosto, o Club abre un prazo excepcional para que tanto Soci@s Amig@s como Nen@s Dépor poidan pasar a ser abonados con asento. O límite máximo fíxase en 28.000 abonos con asento, o que supón 500 máis que a tempada pasada.O trámite deberá realizarse de forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (Avenida de La Habana s/n, A Coruña), por estrita orde de chegada e sempre en función das bancadas dispoñibles.Actualmente, hai localidades en:• Tribuna Superior• Tribuna Inferior• Preferencia SuperiorMentres que xa están esgotadas:• Marathón Inferior• Marathón Superior• Preferencia Inferior• Pavillón Superior• Pavillón InferiorO horario da Oficina de Atención ao Deportivismo é de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.


O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...