RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "Necesitamos examinar ben a derrota, facer autocrítica e tentar mellorar"

DÉPOR ABANCA · 6 OUTUBRO 2025

FRAN ALONSO: "NECESITAMOS EXAMINAR BEN A DERROTA, FACER AUTOCRÍTICA E TENTAR MELLORAR"

Fran Alonso asegurou após a derrota ante o Alhama CF El Pozo que "necesitamos examinar ben a derrota; facer autocrítica primeiro o corpo técnico e daquela todos os integrantes do Club; e tentar mellorar porque derrotas como a de hoxe (por onte) nas que non competimos ao 100% é algo que non debería de pasar cando levamos este escudo".O técnico deportivista admite que "me equivoquei no equipo inicial porque cando fanche 2 goles nos primeiros 45 minutos é obvio que algo está mal feito. Os cambios axudáronnos. Tamén o contrario tiña menos pernas, era menos efectivo. Sabiamos que era moi forte nas transicións e cando nos gañan as primeiras ou segundas accións é moi difícil sacar ao equipo arriba".De cara á visita do DUX Logroño a ABANCA-RIAZOR este sábado 11 de outubro ás 19:00 horas (Dazn) cre que "hai que corrixir moitísimas cousas. Non podemos ter tan pouca personalidade con balón. Tentamos filtrar balóns e filtrámolos mal. Sobre todo no primeiro tempo non tivemos suficiente mobilidade, as xogadoras esperabamos recibir ao pé cando iso é unha referencia fácil para elas porque son moi agresivas. O DUX é outro equipo moi agresivo, moi rápido na transición e vannos a expor problemas similares".Por conseguinte, Fran Alonso insiste en que "isto hai que cambialo porque non podemos xogar como xogamos, sobre todo no primeiro tempo".