RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso quere ver un Dépor ABANCA "que morde, con fame, agresivo, valente e que sae a por todas"

DÉPOR ABANCA · 10 OUTUBRO 2025

FRAN ALONSO QUERE VER UN DÉPOR ABANCA "QUE MORDE, CON FAME, AGRESIVO, VALENTE E QUE SAE A POR TODAS"

Fran Alonso subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "todos os equipos atravesan xeiras durante a temporada. Desde pretemporada o equipo estivo en constante crecemento. Melloramos moitos aspectos respecto ao ano pasado".Admite iso si que o partido do Alhama CF a pasada fin de semana "fíxonos reflexionar internamente, como equipo. Non nolo aceptamos a nós mesmas. Non está en consonancia cos valores do Club, co escudo, coa camiseta".Queda o técnico deportivista coa reacción das xogadoras, que "foi buenísima durante toda a semana. Imos ter unha boa actuación a fin de semana para poder esquecer e seguir".Confesa que "fixemos autocrítica como debe de ser despois dun partido malo e a reacción é a que ten que ter un equipo con fame, con ambición. Estou moi contento de ver que nos doeu de verdade, que debemos facelo moito mellor. Iso é o que espero ver a fin de semana, un equipo que morde, con fame, agresivo, valente e que sae a por todas. Vímolo varias veces este ano, mesmo en partidos nos que non se conseguiu a vitoria, como no partido ante o Madrid CFF. Podémolo facer, simplemente é crérnolo, ter máis confianza e ir a por todas".O preparador branquiazul subliña que "o equipo ten plena confianza no grupo e cremos que vai ser un bo ano. Estou convencido a pesar de que vimos dunha mala serie".Opina que nestes últimos partidos "faltounos esa valentía. Saímos sempre a presionar alto e fáltanos ese medio metro; os rivais rómpennos a presión. Ás veces os repregamentos non foron tan intensos como debemos".Finalmente, do DUX Logroño, rival este sábado 11 de outubro ás 19:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, Fran Alonso apunta que "fisicamente é un equipo moi forte, con xogadoras con moitísima envergadura. En falta lateral é un equipo peligrosísimo. Non sei se un 70 ou 80% de primeiros contactos. Así que imos ter que estar moi concentradas. Son moi perigosas na transición, con xogadoras rápidas e fortes arriba. Teñen bo trato de balón. Pero espérome a un Dépor ABANCA agresivo, dominante e someter ao rival", concluíu.