
CANTERA · 11 XULLO 2026
ANOSACANTEIRA XA COÑECE AS DATAS DE INICIO DAS COMPETICIÓNS DOS SEUS EQUIPOS DE FÚTBOL 11
Os equipos de fútbol 11 de ANOSACANTEIRA teñen xa marcado no calendario o inicio da temporada 2026-27, despois de confirmarse as datas de comezo das principais competicións autonómicas e estatais.Os primeiros en entrar en acción serán o Xuvenil A, que competirá na División de Honra; e o Xuvenil B, que militará na Liga Nacional. Ambos conxuntos debutarán a fin de semana do 5 e 6 de setembro.Unha semana despois, os días 12 e 13 de setembro, chegará a quenda dos equipos cadetes e infantís. O Cadete, San Tirso SD Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil iniciarán daquela a súa participación na División de Honra das súas respectivas categorías.

Partido once contra once para pechar a primeira semana de pre...

A SD Compostela pon á venda as entradas para o amigable contr...

O Dépor ABANCA xa presume de contar con 3 campioas de Europa ...

Paula Hernández, novo reforzo para o RC Deportivo

Un total de 5.395 deportivistas xa renovaron o seu abono para...

Brillante peche da terceira semana dos DéporCampus