
DÉPOR · 11 XULLO 2026
PARTIDO ONCE CONTRA ONCE PARA PECHAR A PRIMEIRA SEMANA DE PRETEMPORADA DO DÉPOR
O Dépor completou este sábado 11 de xullo no Dépor Training Center a primeira semana de traballo da pretemporada 2026-27 cunha sesión na que o protagonismo recaeu no fútbol.Nunha mañá asollada, Antonio Hidalgo dirixiu un adestramento que arrincou cunha activación e un xogo de posición antes de dar paso a un partido once contra once no campo 2 da cidade deportiva branquiazul, co que o técnico seguiu avanzando na posta en práctica dos conceptos de xogo do equipo.Con esta sesión conclúe o primeiro bloque de traballo da pretemporada, composto por 6 adestramentos, nos que o corpo técnico foi incrementando progresivamente a carga física e táctica.

Durante estas sesións, David Mella continuou co seu proceso de recuperación, mentres que Yeremay e Loureiro completaron un plan específico de traballo para previr as molestias físicas que arrastraron durante a pasada tempada.Samu Fernández, Bil Nsongo, Noé Carrillo, Kevin Sánchez, Guerrero e o xuvenil Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Tras completar esta primeira semana de preparación, o cadro desfrutará este domingo 12 de xullo dunha xornada de descanso antes de retomar os adestramentos o luns ás 10:30 horas no Dépor Training Center.

A SD Compostela pon á venda as entradas para o amigable contr...

O Dépor ABANCA xa presume de contar con 3 campioas de Europa ...

Paula Hernández, novo reforzo para o RC Deportivo

Un total de 5.395 deportivistas xa renovaron o seu abono para...

Brillante peche da terceira semana dos DéporCampus

O RC Deportivo abre un proceso para actualizar e reforzar a s...




