
DÉPOR ABANCA · 10 XULLO 2026
PAULA HERNÁNDEZ, NOVO REFORZO PARA O RC DEPORTIVO
O RC Deportivo incorpora a Paula Hernández de la Nuez (Las Palmas de Gran Canaria, 14 de outubro de 2006), que se converte en nova xogadora branquiazul tras asinar até xuño de 2027, con opción de ampliar a súa vinculación co Club.A nova centrocampista chega procedente do UD Costa Adeje Tenerife B, equipo co que competiu a pasada tempada en Primera Federación Iberdrola.Durante a campaña 2025-26 disputou 24 encontros, 17 deles como titular, e anotou un gol, consolidándose como unha das futbolistas con maior proxección da categoría.Ademais da súa participación co filial tinerfeño, Paula Hernández tamén tivo a oportunidade de debutar co primeiro equipo do UD Costa Adeje Tenerife, co que disputou 2 partidos da Copa de la Reina.A nova futbolista deportivista contará con licenza do Dépor ABANCA B e continuará o seu crecemento na estrutura branquiazul tras formarse no Unión Viera e dar o salto posteriormente ao CD Guiniguada Apolinario, desde onde se incorporou ao conxunto tinerfeño.Coa súa chegada, o RC Deportivo suma xuventude, calidade e proxección para reforzar o centro do campo de cara á temporada 2026-27.

Un total de 5.395 deportivistas xa renovaron o seu abono para...

Brillante peche da terceira semana dos DéporCampus

O RC Deportivo abre un proceso para actualizar e reforzar a s...

O Dépor aumenta o ritmo cunha esixente mañá de traballo no Dé...

O RC Deportivo e Petxarroman separan os seus camiños

O Dépor completa a súa primeira xornada de dobre sesión da pr...