
CANTERA · 11 XULLO 2025
JENNY CORROS, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA B
Jennifer Rodríguez Fuertes (Oviedo, 30 de abril de 2003), coñecida futbolísticamente como Jenny Corros, chega á dianteira do Dépor ABANCA B até xuño de 2026.A nova futbolista branquiazul formouse na canteira do Sporting de Gijón e a do Real Oviedo antes de dar o salto ao Viajes InterRías FF de Segunda Federación na temporada 2023-24.No conxunto pontevedrés xogou 30 partidos, 29 deles como titular, e anotou en liga 14 goles. A eles hai que sumar 1 encontro de Copa de la Reina, ante a Fundación Albacete Balompié.

A súa boa temporada no Viajes InterRías FF valeulle a súa fichaxe polo Atlético de Madrid B en Primera Federación FutFem, no que participou a temporada pasada (2024-25) en 8 partidos e anotou 1 gol.Jenny Corros é a cuarta incorporación do Dépor ABANCA B despois da chegada de Daniela Valbuena, Sara Barreda e Sonsoles Martín.


Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este mércores 23 ante Ita...

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...

Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe d...

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...