
DÉPOR · 13 XULLO 2026
JONATHAN ASP JENSEN, NOVO XOGADOR DO DÉPOR
O RC Deportivo incorpora a Jonathan Asp Jensen (Gauerslund, Dinamarca, 14 de xaneiro de 2006), que se converte en novo futbolista branquiazul tras asinar co Club ata xuño de 2031.O mozo centrocampista ofensivo chega procedente do Bayern de Múnich, un dos clubs de referencia do fútbol europeo, onde completou a súa formación e chegou a debutar co primeiro equipo na Bundesliga. A súa estrea na máxima categoría alemá produciuse o 12 de maio de 2024, no encontro fronte ao VfL Wolfsburgo.A pasada tempada, Asp Jensen deu un importante paso no seu crecemento durante a súa cesión ao Grasshopper Club Zürich, onde se consolidou como unha das grandes promesas do fútbol europeo. Na máxima categoría do fútbol suízo disputou 40 partidos oficiais, asinando uns rexistros destacados de 9 goles e 6 asistencias.Antes da súa experiencia en Suíza, o internacional danés sub-16, sub-17 e sub-18 destacou no filial do Bayern de Múnich. Entre as temporadas 2023-24 e 2024-25 acumulou 36 encontros, nos que anotou 7 goles e repartiu 13 asistencias, confirmando a súa capacidade para xerar xogo e achegar no último terzo do campo.Ademais, Jonathan Asp Jensen conta con experiencia en competicións continentais tras disputar 10 partidos da UEFA Youth League co conxunto bávaro durante esas 2 campañas, torneo no que sumou 3 asistencias.Coa súa incorporación, o Dépor engade ao seu cadro un futbolista novo, con experiencia no fútbol profesional e proxección internacional, reforzando o proxecto branquiazul de cara ás próximas tempadas.

Cuarta semana do DéporCampus; con actividade no Dépor Trainin...

El Fabril enfrontarase ao Real Madrid Castilla no campo de Ca...

O Dépor ABANCA inicia a pretemporada coas probas médicas e fí...

En marcha a segunda semana de pretemporada do Dépor

Segunda semana de pretemporada para Os Nosos e primeiro amiga...

Lucía Pardo, talento ofensivo para o Dépor ABANCA