
DÉPOR · 10 SETEMBRO 2025
JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ AFIRMA QUE "A TORRE DE MARATHÓN E O MUSEO DO DÉPOR SERÁN ESPAZOS DE MEMORIA E ORGULLO COLECTIVO"
Nunha entrevista concedida aos medios oficiais do RC Deportivo, o Presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez repasou algúns temas de máxima actualidade e confirmou que o Club traballa intensamente para a creación do Museo do Dépor e a reforma da Torre de Marathón; dous proxectos estratéxicos para a cidade e a afección e que reafirman o compromiso do RC Deportivo coa Coruña e Galicia."Queremos que sexan dous lugares de memoria e orgullo colectivo. Tanto o museo como a Torre deben recoller, protexer e proxectar a historia do Deportivo cara ao futuro", sinalou.O máximo dirixente deportivista insistiu en que o museo terá unha clara dimensión pedagóxica: "Non será só un lugar onde se expoñan trofeos. Queremos que inspire a futuras xeracións e que os máis novos comprendan o que significan esforzo, sacrificio e orgullo de pertenza. Non hai nada máis fermoso que ver a familias compartindo recordos e vivencias sobre o club que os une".En canto ao estado das obras do museo, o Presidente explicou que están executadas nun 70% e con toda a documentación a disposición do Concello; e engadiu que "a nosa disposición é absoluta a ter as mellores relacións co Concello. O museo é unha débeda co deportivismo e o correcto é que se apoie e déixese abrir canto antes".Respecto ao Mundial 2030, o Presidente reiterou o apoio do Club a todo o que beneficie á Coruña, aínda que advertiu que "o Deportivo non pode comprometer o seu equilibrio financeiro". Apuntou que a propiedade xa investiu máis de 100 millóns de euros nos dous últimos anos e considera que duplicar a capacidade de ABANCA-RIAZOR é unha medida "que requiriría un investimento que sería enorme, existindo outras necesidades sociais".

Comezan os amigables en ANOSACANTEIRA, con citas esta semana ...

Sexta e última semana dos DéporCampus con 250 nenos e nenas r...

O RC Deportivo conclúe a primeira fase da campaña de abonados...

Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...