
CANTERA · 17 ABRIL 2026
LUCÍA RIVAS E REDRU XÓGANSE ESTE SÁBADO 18 DE ABRIL ANTE PORTUGAL O SEU PASE Á FASE FINAL DO EUROPEO SUB-19
Lucia Rivas e Paula Redruello 'Redru' están concentradas coa selección española sub-19 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría que se xogará en Bosnia e Herzegovina do 27 de xuño ao 10 de xullo.Os rivais de España son Hungría, Irlanda del Norte e Portugal na localidade lusa de Oeiras.O terceiro e último partido das españolas será ante as portuguesas este sábado 18 de abril ás 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia).O escenario será a Cidade do Futebol.Ambos os equipos chegan ao choque empatados a 6 puntos após superar anteriormente a Hungría e Irlanda del Norte. España manda no grupo por diferenza de goles: +6 por +4 de Portugal. Por conseguinte, valería un empate para selar a clasificación.A segunda cita para as canteirás branquiazuis foi ante as irlandesas este mércores 15 de abril na Cidade do Futebol en Oeiras.Tivo minutos Lucía Rivas, que saltou ao campo após o descanso en substitución de Alba Cerrato.O triunfo por 3-0 foi para as españolas.O primeiro partido foi o pasado domingo 12 de abril ante Hungría. Venceron tamén as españolas por 3-0.Lucía Rivas e Redru saltaron ao céspede após o descanso en substitución de Lúa Arufe e Irune Dourado respectivamente.O calendario de Lucía Rivas e Redru, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Domingo 12 de abrilESPAÑA 3 - HUNGRÍA 0Mércores 15 de abrilESPAÑA 3 - IRLANDA DEL NORTE 0Sábado 18 de abril15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na Cidade do Futebol (Oeiras)Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.Esta temporada no Dépor ABANCA de Liga F suma 11 partidos xogados, 5 deles como titular, con 1 gol anotado. Así mesmo, no filial de Segunda Federación leva 11 partidos, 8 deles como titular.Pola súa banda, Redru xogou 14 partidos coas Nosas na máxima categoría do fútbol español, 3 deles como titular.Así mesmo, no Dépor ABANCA B participou en 14 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 1 gol.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...