
DÉPOR · 19 NOVEMBRO 2025
LUISMI CRUZ: "ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE TODO O EQUIPO ESTEA ENCHUFADO PORQUE A LIGA É MOI LONGA E IMOS NECESITAR A TODOS"
Luismi Cruz afirmou este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center que no vestiario do Dépor "estamos moi contentos de que todo o equipo estea enchufado porque a liga é moi longa e imos necesitar a todos".Co Dépor de novo no liderado, aínda que empatado a 26 puntos co Real Racing Club e a UD Las Palmas, valora o feito de "estar nunha situación complicada e darlle a volta, encadear 3 vitorias seguidas. Agora facernos fortes en ABANCA-RIAZOR, que vén un partido difícil", en referencia ao do AD Ceuta FC este domingo 23 de novembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).Do choque no Nuevo Arcángel, o atacante deportivista cre que "o equipo demostrou que soubo sufrir nos momentos que eles apertaron máis. É a liña a seguir. Estar aí e vernos arriba na clasificación é moi bonito", conclúe.De feito apunta que Os Nosos tómanse ese primeiro posto "con naturalidade, sabendo o traballo que hai detrás no día a día pero sen volverse tolos porque son 42 xornadas. Hai que ser continuo no día a día e traballar como estamos a facer".Nesta liña, a nivel persoal, asegura ter "unha competencia moi sa" con David Mella nese carril dereito: "Tanto el como eu ou calquera compañeiro pode xogar. Estamos a tomalo con moita naturalidade. Cando un xoga o outro sae e faino ben. Ese é o camiño para subir a competencia do equipo".Do encontro ante o AD Ceuta FC advirte que "sería perfecto encadear 4 vitorias seguidas despois da xeira tan mala que tivemos. O equipo sabe estar unido, estar forte e iso é un dos nosos puntos fortes".Do rival Luismi Cruz indica que "ten bos xogadores, está ben traballado e están a facer as cousas ben. Á parte de que son un bo equipo, temos que mirar cara a nós e ir a por todas".Finalmente o futbolista andaluz recalca que a súa adaptación ao Club foi "moi boa. Tiven un recibimento tanto do corpo técnico como dos compañeiros moi bo. O grupo é moi san e iso faiche estar a gusto no día a día. As sensacións en ABANCA-RIAZOR están a ser moi boas. Gústame moito este campo, hai un ambientazo e estou moi contento aquí".

O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...

O Alevín A iniciou este venres 22 na Arousa F7 unha nova fin ...

A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS