
DÉPOR FABRIL · 31 XANEIRO 2025
MANUEL PABLO ADVIRTE QUE ESTE DOMINGO TOCA "TRABALLAR MOITO" E "FACER AS COUSAS BEN"
Manuel Pablo advertiu na sala de prensa de Abegondo que o Pontevedra CF, rival este domingo 2 de febreiro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR, "está a facer as cousas moi ben. É capaz de someter a equipos de Primera. Leva case 5 meses sen perder en liga. É un rival moi potente que está a facer as cousas ben".Cre que o potencial dos granates "obríganos a facer as cousas ben, a estar moi concentrados e a ter que crer que podemos gañar".Insiste o técnico fabrilista en que "temos que traballar moito. Nós tentamos ter a pelota e se son capaces de someternos moito preocúpache. Temos que tentar que iso non pase pero é un equipo moi ben traballado e haberá momentos en que poida pasar".Pide finalmente Manuel Pablo "que non nos vingamos abaixo por esa situación que pode pasar en momentos dados. Temos que aprender a estar tranquilos, a pechar ben as liñas e aínda que teñan moito balón que non pase nada. A partir de aí imos tentar roubar, ter balón e que esa situación de someter ao rival sexa o menor tempo posible".

Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...