
DÉPOR FABRIL · 4 SETEMBRO 2026
MANUEL PABLO CRE QUE O FABRIL ESTÁ "NO PUNTO DE SEGUIR MEDRANDO"
Manuel Pablo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center, na rolda de prensa previa ao choque do domingo 6 de setembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o CP Cacereño, que ve ao Fabril "no punto de seguir medrando. Tiñamos a expectativa de ver como nos sentiamos na categoría, de comprobar ante un equipo como o AD Mérida, que fixo fichaxes importantes, se eramos capaces de competir. Creo que estivemos ben. Loxicamente temos moito que mellorar, sobre todo co balón. E tamén aspectos sen balón".Cre que "intentamos ver un Fabril recoñecible e achegouse un pouco ao que queremos, pero sempre temos esa intención de mellorar, sabendo que os rivais son moi parellos, moi competitivos, e que non podemos baixar nada o noso nivel, senón aumentalo".O técnico fabrilista explica que "a semana pasada incorporouse Manu Serrano, que nos pode xogar de central, aínda que tamén pode facelo de lateral. Ferrán Seco, que tamén é central. É onde máis necesitados estabamos por número. Veu Yayo para complementarnos, un xogador con experiencia na categoría. Perdemos a Luisao polo medio. Co tema das fichas estabamos un pouco xustos. Temos baixas importantes, sobre todo na demarcación de interiores, como Jairo, que estará fóra toda a temporada, Noé e Manu Ferreiro. Temos que axustarnos un pouco e buscar pezas".Finalmente, Manuel Pablo lembra que en Primera Federación "os equipos teñen máis calidade. Hai equipos moi potentes. A nosa idea é intentar competir, ser protagonistas dentro do que poidamos, do que ás veces nos permita o rival. Pero tamén hai que saber sufrir. A nosa mellora está na nosa cabeza: saber sufrir, saber superar momentos de dificultade, saber xogar cun marcador en contra e non marchar do partido. Aí está todo o noso crecemento, ademais de situacións tácticas, como as de xogo con balón, que iremos mellorando".

Resultados deste venres 4 dos alevíns e benxamíns en Narón, a...

Alberto Rodríguez: "Temos a confianza de que, a medida que se...

Antonio Hidalgo: "A humildade ten que ser a nosa primeira ped...

Un equipo 'Champions', o Villarreal CF, crúzase este sábado 5...

Á venda as entradas para o público para os partidos do Dépor ...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...