
DÉPOR FABRIL · 17 ABRIL 2025
MANUEL PABLO: "MENTRES MÁIS RECONOCIBLE ES, MÁIS PRETO DA VITORIA VAS ESTAR"
Manuel Pablo manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a clave para manterse nos postos de play off é "o traballo diario, a confianza no que estamos a facer. Estamos a obter resultados".Cre que "non nos podemos pór nerviosos nin nos podemos asustar. Só afrontar os partidos para gañar e non desesperarnos; e ser reconocibles. Mentres máis reconocible es, máis preto da vitoria vas estar".Do Salamanca CF UDS, rival este sábado 19 de abril ás 17:00 en Abegondo (), o técnico fabrilista lembra que recentemente o conxunto salmantino cambiou de adestrador ao facerse cargo Jorge García do equipo e subliñou que "ten bos xogadores. Xa nolo demostrou alá. Gañounos ao final. Ofensivamente ten bos xogadores, con velocidade. Temos poucas referencias polo cambio de adestrador a semana pasada. Así que hai que centrarse máis en nós, en como afrontar o partido, e ter a confianza de que os partidos son moi igualados e non desesperarnos se as cousas non nos saen. Seguir traballando e estando no partido até o final".

A Fan Zone da explanada de Riazor volverá ser o punto de enco...

O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

Preguntas e respostas relativas á consulta vinculante sobre a...

O RC Deportivo abrirá un proceso de consulta entre os seus ab...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...